Interliteral 09: Visión 360º sobre a literatura dixital
Desde hoxe e até mañá Tati Mancebo e Maribel Úbeda asisten como enviadas de Blogaliza en Xaén ao II Encontro de literatura dixital Interliteral 2009. Seguiremos desde aquí a crónica que está a escribir Tati practicamente en tempo real:
«Comeza Interliteral 09. Somo unhas 40 persoas nunha salada Biblioteca Pública de Xaén. Só cinco ou seis estamos cos nosos portátiles nos xeonllos a teclear. A organización está a retransmitir o evento por streaming a través de Ustream e teñen unha canle de Twitter (#interliteral) que mostran nunha pantalla a través de Twittbee.
A relatora é Laura Borrás. (Pode consultarse o programa completo en interliteral.com)
Irei actualizando esta anotación segundo vaia avanzando o relatorio. Here we go!
“Debemos afrontar a literatura dixital independentemente dos ceos que se teñan destruído, en palabras de Lady Hatterly. E xa Adán dixo a Eva: Querida, vivimos unha época de mudanzas”
Apollinaire e outras tentativas de moitos séculos atrás perseguiron o dominio do espazo físico para transgredir os límites da representación.
No grupo de traballo de Laura Borrás están a facer unha antoloxía de literatura dixital. Paradoxalmente piden aos autores CDs ou DVDs cos contidos porque pretenden facer un DVD que se distribúa en bobliotecas e a través da rede poden mudar as URLs.
Exemplos de literatura dixital:
Amor de Clarice de Rui Torres pode verse aquí
Stephanie Strikland usa a cadencia das ondas do mar para marcar os ritmos de presentación de poemas, por exemplo.
Os textos de Annie Abrahams controlan o ritmo de lectura. O lector pode controlar a velocidade de lectura pero cando pasa unha velocidade aparecen imaxes da propia Annie lembrándote que debes desfrutar e non devorar os textos e introduce descansos obrigados e propostas de exercicios de desentumecimento que hai que seguir para poder continuar a lectura.
E o grande esquecido, o teatro? O teatro interactivo captura o espectador dentro da obra e dependendo do que escribas, a obra evoluciona de modo diferente. Exemplos disto son as technoweb performances, que incluso teñen versións programadas para días concretas e con asistencia de público remoto. Un dos exemplos pioneiros e o Teatro de la escribanía. […]» (Ler máis en Tati Mancebo)