• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Interliteral 09: Luis Collado, Google Books

«Falemos de libros. Esta conversa sería impensábel hai 15 anos.

5.000 exemplares en papel dun libro chegarán a 5.000 lectores. A lectura en internet (que non a literatura dixital) ofrece potencialmente moitos máis lectores para cada libro.

Podemos chegar a prescindir de editores, de impresores, pero nunca de autores nin de lectores. Desaparecerán entón?

Con internet todos actores do proceso editorial están a mudar.

(Agora ou moito me equivoco ou se dispón a defender o modelo de acceso aos libros fronte á descarga de contidos.)

Tanto no mundo real como en internet, procuramos, descubrimos e accedemos a un libro. Para iso Google Books dixitaliza os libros, isto é, colle o libro en papel, transfórmao en formato de imaxes, pásalle un tratamento de OCR, o cal implica indexar todas as palabras que aparecen no libro.

A tecnoloxía nunca debe ser un problema para os autores, nin para os lectores.

(Aproveito para facer unha pregunta e dígolle que preciso saber en canto tempo podo pechar un trato con Google para vender os títulos da miña editora, -se a tiver- a través de Google mediante un serviso de subscrición a todo o fondo que permita a lestura en liña, compartida, anotada etc. E cítame para falar ao remate, que é o que eu quería. Así que non me responde pero espero falar con el doutras cousas.)

Cando falamos de libro temos que pasar a falar só de contido unha vez que temos distintos formatos e soportes. Yesterday de The Beatles é sempre a mesma peza independentemente de onde a escoite.

Di que o que espera Google é aumentar beneficios de publicidade a través da ampliación de prestacións que supón ofrecer resultados sobre temas que inclúen libros completos aos que se pode acceder ou que se poden mercar a golpe dun clic.

Ataca os dispositivos de lectura, que vaticina que pasarán á historia como o comediscos.

O papel non vai desaparecer, (Pero isto quen llo cre? Se desapareceu o comediscos por que non vai desaparecer tamén o papel?) só vai haber outra forma de ler libros, que é ler en internet.

NOTAS E CURIOSIDADES:

Polo momento é o único que fala de pé e cun mando a distancia para pasar as diapositivas. As súas diapositivas están cheas de imaxes familiares e agradábeis, de pinturas por exemplo, para que as usemos para traer á memoria as súas ideas cando tentemos lembrar o que dixo. As diapositivas dos expertos anteriores estaban cheas de ligazóns ás que non podían acceder pola lentitude da rede e que nós non podiamos copiar porque non eran precisamente fáciles e certo que non coñecían os acortadores de urls.

Un asistente interrompe o relator e este responde de modo que o que fai é voltar directamente á súa presentación. Moi hábil. […]» (Ler máis en Tati Mancebo)

Share