• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Interliteral 09: Rafael Alcoholado, “Xeración colectiva do coñecemento”

«A xeración de ente 11 e 16 xa está a construír os seus propios contidos a medida porque a oferta existente non os satisfai.

Estamos a presenciar a morte do 80/20 (con ter o 20% dos produtos que a xente procura é suficiente. Non é preciso ter o que demanda a minoría) e o renacer dalonga cola (Chris Anderson pensa que internet posibilita o gran mercado das minorías).

A CNN deu a noticia da morte de Michael Jackson sen confirmala primeiro porque saiu nun blogue e sabía que o consumidor chegaría a ela mesmo sen a tele e antes dela.

O mercado non acapara a rexión dos contidos e cando queira facelo chegará tarde, así que probabelmente o modelo económico non está preparado para esta nova realidade.

A realidade aumentada ou ibicuidade como outra forma de xerar contidos: chegará un momento en que paseando por calquera lugar poderemos ter información doutras persoas cando procuramos algo como un restaurante, e podemos percibir a través dun dispositivo as valoracións doutros clientes, mesmo a de alguén que pase por ese lugar no mesmo momento e con quen poida eu falar directamente. […]» (ler máis en Tati Mancebo)