• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Estou contigo, Folerpa!

Moi recomendábel a lúcida intervención publicada no Alfaias:  «[…] Temos que ser como formigas, non calar, actuar alí onde está o debate, incluso xeralo nós, con múltiples e pequenas accións a nivel local, dende a base, aí e onde está o noso poder. Non chega con xuntármonos na Quintana. Téñennos que escoitar, saber que estamos aí, nas escolas, nos bares, nos comercios, nos hospitais, empregando a nosa lingua e esixindo os nosos dereitos de galegofalantes.
Unha dura invernía achégase. Temos que ser formigas e non carricantas. Do contrario, as folerpas cubriran para sempre esas mil primaveras que todos nós desexamos.»

Creo que estamos a sufrir unha MAREA NEGRA DA CULTURA. Estou de acordo en que hai que moverse, e mesmo facer algo que implique os da TERRA DE FÓRA, como se dicía hai 1000 anos.

Share