“Televisión = manipulación”: protestas contra a emisión ao vivo da TVG na manifestación en prol do galego de 18 de outubro
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Q8CE1mwg3As" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
Impresionante foi a resposta dos manifestantes ao que semellaba ser un acto demagóxico do Telexornal. Antes de que a Quintana se enchese por enésima vez para dar lugar ao derradeiro mitin da exitosa xornada de protesta, o reporteiro da TVG estaba xa a anunciar a disolución total do acto. O vídeo que apresentamos representa o que aconteceu antes de que máis unha vez a praza se enchese para escoitar tres inspiradas intervencións e unha nova interpretación do Hino Galego. Mais o que a TVG estaba a referenciar ás 14:30 era que todo tiña finalizado:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/lVaE7Q40IJk" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
Revisión 22/10/2009: recomendo o lúcido artigo de Xabier Pérez Igrexas “A manipulación da RTVG“.
6 thoughts on ““Televisión = manipulación”: protestas contra a emisión ao vivo da TVG na manifestación en prol do galego de 18 de outubro”
Comments are closed.
Carlos, o primeiro, é apupos, de apupar, está ben a neoloxía, mais cando non hai palabras para expresar o que se quere dicir na propia lingua. E como lle chamas ao titular do vídeo de material utilizado sen citar fonte no magacín Bos Días, onde se dicía “atacan” e no vídeo aparece Avelino Pousa Antelo increpando ao reporteiro? Increpar é atacar? Non que eu saiba. Gustaríame saber que lle dixo o home ao reporteiro que tan grave foi. Olla, un señor de case 100 anos, memoria viva do galeguismo, colocado á altura dun activista violento e radical da kaleborroka… madia leva, se van ser agora os peixes gordos da CRTVG uns pobriños víctimas que defenden a liberdade de expresión, da súa, claro. E do programa Esfínter Aberto do pasado luns á noite? Deontoloxía? U-la? Ben, xa se sabe o que é ese programa, onde sen disimulo facían a típica asociación falsa e interesada lingua=nacionalista, nunha entrevista que se pode colocar nas faculdades de xornalismo como exemplo do que é un xornalista terxiversador, manipulador, interesado e que pasa polo escroto calquera decálogo de entrevista seria. Se é que non somos máis imbéciles pq non podemos os galegos. Canto votante do PP hai no país que sen sabelo é nacionalista galego radical, manda carallo, eh? E xa non falemos da misión pedagóxica de inserción do castrapo na sociedade galega, isto tamén daría para moito. O pouco que puiden falar con algún “lingüísta” da TVG deixoume ben claro o posicionamento oficial sobre a fonoloxía do galego .Valoran máis un castelán falante que fale galego en castelán que xente coa fonoloxía propia da lingua galega naturalizada na súa fala, e podo falar con coñecemento de causa e teño asistido a procesos selectivos, onde nin Cristo falaba galego alí agás o suposto lingüista de turno. Viva o castrapo, viva a manipulación e viva a folla parroquial dos boletíns informativos da CRTVG. Temos unha CRTVG que respecta como non podía ser doutro xeito as misións para as que foi creada, repasen os estatutos fundacionais. Próximo paso? Inserción do castelán sen disimulo na grella, xa non só como ate o de agora na publicidade. Estamos como queremos.

Carlos?: Non son eu quen presume de coñecer o funcionamento da tv nos directos, evidentemente, por iso describín o contido como “resposta dos manifestantes ao que semellaba ser un acto demagóxico do Telexornal”. Se te fixas ben antes de alporizarte, fun bastante prudente non afirmando nada que non comprobase eu persoalmente. Ao mesmo tempo, é evidente que o que describía o reporteiro ás 14:30 aprox. non se correspondía co final da convocatoria, pois aínda ficaba todo un mitin por ter lugar.
Así as cousas, que me fales de satélites, de tempos de espera, etc, nada cuestiona o meu comentario sobre a situación que presenciamos.
O que si me alucina é como o telexornal de onte aproveitou as imaxes que tomamos sen citar as fontes. Vese que a rede, ese lugar tan criticado pola falta de profesionalidade, é un “vertedoiro” que lle permite á TVG apañar contidos elaborados por outros sen declarar a orixe.
Por certo: na emisión de onte dicíase que os berros impediran unha segunda transmisión, mais que outra transmisión pensaban facer cando o reporteiro se está despedindo coa mentira de que todo finalizara e as persoas marchaban para as súas casas?
Non teño nada contra os xornalistas, nin contra a TVG, como non teño contra os funcionarios da Consellaría calquera que sexa. Mais as actitudes concretas das institucións e dos medios son criticables polas accións dos profesionais no seu traballo, e a ninguén debe molestar que se cuestionen os modos de traballar. Polos vistos hai máis ganas de ofenderse e de ofender, tomando os conflitos de modo persoal, que de comportarse dun modo profesional.

patético… poñerse a escribir sen ter nin idea. En primeiro lugar. A tvg non escolle cando se baleira a praza. O informativo das 14:25 empeza ás 14:25… ou sexa, que se conectan en directo para EMPEZAR O TELEXORNAL coa manifa, pois conéctase ás 14:28, máis ou menos,despois dos titulares. Iso no telexornal de mediodía. Levaban TODA A MAÑÁ CONECTANDO, no programa A REVISTA. Desde a Quintanta, porque UNHA LANZADEIRA A SATÉLITE NON SE MOVE TAN DOADAMENTE. Estaba na Quintana para poder abrir o tx con esa información E QUEDOU ALÍ, A PESAR DOS APOUPAMENTOS. Na tvg SABÍAN QUE SE ESTABA BERRANDO, porque as conexións están listas antes de darlles paso E AÍNDA ASÍ MANTIVERON A LIÑA ABERTA,E DEIXARON QUE O POBO FALARA. O QUE QUIXERA. E, pola noite, volveron abrir co mesmo tema. Ao rematar a conexión marcharon da Praza porque xa remataran o traballo. Por certo, que o xornalista dicía que xa rematara a marcha PARA QUE QUEDARA BEN CLARIÑO QUE HOUBERA UNHA MOBILIZACIÓN AÍNDA MAIOR DA QUE SE PODÍA APREZAR NAS IMAXES, QUE ERA MOIIIITA. É IMPRESIONANTE O QUE PODES CHEGAR A SOLTAR POLA BOCA SEN TER NIN IDEA, MACHIÑO.
‘Televisión = manipulación’: protestas contra a emisión ao vivo da TVG na manifestación a prol do galego…
Impresionante foi a resposta dos manifestantes ao que semellaba ser un acto demagóxico do Telexornal. Antes de que a Quintana se enchese por enésima vez para dar lugar ao derradeiro mitin da exitosa xornada de protesta, o reporteiro da TVG estaba xa a …