Tati Mancebo fala do libro dixital na revista Qué leer
«Como declarou Laurá Borrás, directora do grupo internacional de estudos literarios e tecnoloxías dixitais Hermeneia, cando falamos de literatura dixitalizada en realidade falamos de soportes, da posibilidade de ler un texto literario de calquera época nun dispositivo electrónico, sexa este un computador, un lector de libros ou un teléfono móbil. Literatura dixital, polo contrario, é un termo relativamente recente referido aos contidos, á hipótese de integrar no texto escrito a canción que escoita unha personaxe ou unha imaxe da súa propia face, á escolla de itinerarios de lectura case infinita ou á lectura compartillada e anotada en tempo real…» (Qué leer, 148, p. 4, en castelán no orixinal)
Alfredo Ferreiro
0