• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Poñer portas ao campo

«Nos pasados días o Ministerio de Cultura tentou incluír no Anteproxecto da Lei de Economía Sustentábel unha disposición final de última hora, que abrise a porta para que unha comisión independente, designada polo propio Ministerio de Cultura, puidese ordenar o peche de páxinas web sen a autorización dun xuíz. A resposta foi rápida na rede: redacción colaborativa do “Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet”, unha reunión de González Sinde con notábeis da rede, chamados persoalmente polo Ministerio de Cultura, que foi retransmitida a través de Twitter, e onde ningún dos presentes quixo aceptar o soborno de intervir na redacción da disposición unha vez pasado o anteproxecto de lei polo primeiro filtro. A mañá seguinte Zapatero madrugou para prometer que non se pecharía ningunha web mais o proceso continúa.

A continuación da historia vai ter moito a ver coas medidas que tomen os gobernos dos nosos países veciños, en particular os do Reino Unido, Francia e Alemania, onde as industrias están tamén a exercer fortes presións sobre os gobernantes para que adapten as leis ao que consideran novos delictos. Para isto non dubidan en criminalizar a poboación toda, como xa fixeron co canon sobre os aparellos electrónicos, sen se decataren de que -e esta é unha das frases máis repetidas nos medios nas últimas semanas e por algo será- non se poden poñer portas ao campo.

Que por que non vou poder prestar un ebook a alguén, que cos libros de papel nunca se cuestionou a cantos amigos se pode prestar un libro sen ser considerado pirata, que se en realidade non merco un ebook, só merco o dereito a lelo eu pero queren cobrarme a mesma cantidade de diñeiro que por un feixe de follas, cando eu sei que custa moito menos. Pero podemos prestar os libros ou non? Se a resposta é que si, como eu creo, entón vai haber que ir pensando en darlle unhas voltiñas ao negocio porque, por moitas leis que se muden o problema non se vai resolver. […]» (Ler completo o artigo de Tati Mancebo en Tempos Dixital)

Share