Manuel Rivas e un toxo na Real Academia Galega
Que Manuel Rivas levase o seu toxiño na man o día da súa entrada na Academia é algo engrazado. É certo que hai moitos anos que anda coa poliña espiñenta e florida, mais velo agora así enfeitado no rito desa tan antiga institución semellou darlle ao vello xesto rivasiano todo o seu sentido. Semellaba en silencio dicirnos: «Aviso de que levo espiñas acarón das flores; sei que na Academia atoparei flores acarón das espiñas; lembremos através do toxo o que a Cultura é: interacción entre a sociedade e a terra». O que había de simbolizar aquel toxiño elevado a digno acompañante en honra tamaña, sendo como foi durante milenios febra primordial do traballo fertilizador? Un dos máis duros traballos da vella aldea era extraer da corte os cheirentos torróns coa picaña e carrexalos até a leira onde habían de fertilizar os campos que precisamos para manter o gando. O toxo, ese cacto autóctono que tanto apesaraba o raposo no alto de Camariñas, foi de tal modo necesario para o sistema agrogandeiro tradicional que era replantado cada tres anos no monte. Por milenios unha folla brava e útil, este día foi ademais unha alegoría universal.
Máis información na Axenda Cultural AELG e no blogue da editorial Xerais.
14 thoughts on “Manuel Rivas e un toxo na Real Academia Galega”
Comments are closed.
Se aprendésemos a aproveitar o que temos, en xeral, moito mellor nos iría.

Na Illa de Arousa estase a empregar toxo moido para alimentar as composteiras que empregan os veciños para produciren o compost da mellor calidade posible para as suas leiras. E non só teñen mellor colleita, senon que lles quitan de pagar 100 euros da contribución do lixo… Vaian tomando nota.

Na aldea que eu coñecín (a capital da parroquia de Breixa, concello de Silleda), que é a da miña nai, non se traballa con este tipo de abono desde hai moitos anos. Desde hai tempo xa, supoño desde que nos anos 70 se investiu na casa en vacas de produción leiteira, o purín ocupa o seu lugar. As picañas ficaron no recanto das arañeiras.
Eu non coñezo lugares onde aínda se estren e limpen a cortes ao xeito tradicional, mais agradezo a información de Santiso.
Cómpre que as aldeas non morran aínda que os seus labores muden. Algo do que penso da aldea pode atopalo nunha anotación anterior: http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2009/04/22/cultivos-transxenicos-de-carlos-negro/

Un dos máis duros traballos da aldea era… e aínda é. As aldeas non morreron. Santiso outona como o fixo sempre, espicañando os toxos, que non é dicíndoos en inglés.