Manifesto dixital dos libreiros franceses
A Asociación Francesa de Libreiros e a recente Asociación de distribuidores de produtos culturais lanzan o manifesto o 13 de xaneiro de 2010 en representación de todos os libreiros coa finalidade de evitar que a distribución de libros siga o mesmo camiño que a de música.
Piden prezo fixo para o ebook, así como que se rebaixe o IVE do 19.6% ao 5.5 e a creación dunha centro común de editoras e librarías durante 2010. Os referentes para este centro deberán ser o estadounidense International Digital Publishing Forum ou o Libreka alemán.
Hai quen di que é demasiado cedo para establecer prezos fixos para os ebooks, pero outros din que, sen prezo fixo, os dous peixes grandes devorarán todos os cativos
Os distribuidores reclaman dixitalización masiva, prezos inferiores ás edicións en papel, sistemas de lectura compatíbeis e paquetes diversificados de produtos para iren por diante das edicións non oficiais. (Tati Mancebo)