• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

«No oeste»: fotografías de Melki Chichery

'sause', por Melki
‘sause’, por Melki

O amigo Melki, fotógrafo francés afincado na Coruña, expón traballos seus. Que ve a primeira vez un novo habitante na cidade? Así presenta el mesmo a súa exposición:

«A obra é un estudo dun territorio (Galiza) en constante transformación. Urbanístico. Subliñando un plantexamento urbanístico insólito, as fotografías plasman o esquema de lugares vacíos, rincóns abandoados como restos “periféricos”. Rescatan esas zonas arquetípicas aparentemente invisibeis para outras olladas. barrio de a coruñaLugares intermedios, restos de barrios ou aldeas. O retrato dunha arqueoloxía deses espazos anónimos deixados á súa sorte. (…) Trátase dunha paisaxe nos límites. Non se trata dunha paisaje natural cuxa beleza sexa similar ao mundo paradisíaco reflexado polo arte tradicional. Trátase de unha paisaxe domesticada e sentenciada polos novos usos de unha sociedade en continuo movimento. Lugar sen clasificación, lugares que ficaron atrapados como illas entre cidade e campo. A historia oculta deses rincóns deixa paso a outra historia cuxa característica é unha sociedade sen arraigo.»

Un paseo interesante, unha ollada particular, un foco se cadra sobre algo tan familiar, que xa non o vemos. Na Casa museo Casares Quiroga da Coruña (Panadeiras, 12) ata o 20 de setembro de 2010.

François Davó

Share