O premio de poesía Fermín Bouza-Brey pasa desapercibido
::Axenda cultural AELG:: «O xurado do premio Fermín Bouza Brey do 2010, formado por Fermín Bouza Álvarez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé María Dobarro e o historiador Gonzalo Bouza-Brey, considerou que as obras presentadas non ofrecen o nivel de calidade esixida para un premio desta traxectoria e prestixio, polo que declarou deserto o gañador da súa quinta edición. Tras coñecerse o fallo, o concelleiro de Cultura do concello de Vilagarcía, entidade organizadora do certame, Xosé Castro Ratón, anunciou que os 3.000 euros cos que estaba dotado este premio engadiríanse á vindeira convocatoria do certame, polo que a sexta edición do premio de poesía Fermín Bouza-Brey contará cun galardón en metálico de 6.000 euros. Os membros do xurado subliñaron que o feito de declarar deserto o premio representa unha excepcionalidade pero que, por outra parte, supón tamén un índice de normalidade cultural. Ao mesmo tempo consideran que a baixa participación acadada non é reflexo da situación que vive a poesía galega, da que, aseguran, nunca estivo tan fornecida de discursos tan plurais, senón que tivo máis que ver con cuestións relacionadas coa publicidade da convocatoria.Ao certame presentáronse doce obras, dúas das cales incumprían as bases, polo que tan só dez foron tidas en conta. A cifra é sensiblemente inferior á de edicións anteriores. Cabe lembrar que en 2005 foron 52 as obras que concurriron a este premio e máis de setenta na edición de 2003.»
É incríbel esta situación, pois tan só con ter enviado a convocatoria á AELG tería sido publicitada na páxina máis completa de eventos literarios do país. Os resultados serían notabelmente diferentes.
6 thoughts on “O premio de poesía Fermín Bouza-Brey pasa desapercibido”
Comments are closed.
Eu tamén tarde, a verdade (http://axendaaelg.blogaliza.org/2010/12/20/emma-pedreira-gana-o-premio-novacaixagalicia-con-antitese-da-ruina/), aínda que parece que levaba meses a convocatoria na web da antiga Fundación Caixanova.
Pois parece que com respeito ao antigo Prémio Caixanova-Pen Clube estávamos equivocados 😉
http://www.anosaterra.org/nova/emma-pedreira-premio-novacaixagalicia-de-poesia.html
Parabéns para Emma 🙂
Eu nem me *enterei… e vós?
http://www.obrasocialcaixanova.com/images/uploadarchivos/poesia_bases_ix.pdf
Muitas graças pola informaçom 🙂
Do Premio Espiral Maior cheguei a saber que se está reformulando, e que a partir duns novos parámetros a dirección da editorial ten vontade de continuar.
Do Esquío e do Caixanova moito me temo que habemos de agardar a que os antigos mecenas, as extintas Caixa Galicia e Caixanova, decidan que saída lle dan aos proxectos culturais de ambas as caixas despois da fusión.
E falando de prémios: ti sabes que se passou este ano com o Prémio Espiral Maior?, por que nom se convocou?
Estám desaparecidos também definitivamente o Prémio Esquio e o Prémio Caixanova-Pen Clube?
Muitas graças.
¿12 tan malos? ¡que mala sorte! dame a min que a baixa participación é máis responsable deste “deserto” que outra cousa… pero ben é certo que efectivamente pode haber 12 mantas que osaron competir por un premio demasiado prestixioso para eles