Os Premios da Cultura Galega sen dotación económica
Galicia Hoxe: «Nin nacionais nin con dotación económica. Cultura publicou onte no Diario Oficial de Galicia a orde de “creación” dos Premios da Cultura Galega –bautizados polo bipartito en 2008 como Premios Nacionais da Cultura Galega–, desta volta, con menos categorías –sete fronte ás dez do anterior goberno– e sen dotación económica –fronte aos 15.000 euros que recibía cada galardoado coa Xunta bipartita–. […] O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, non cumpre así co seu compromiso de manter a dotación económica dos premios, segundo asegurou nunha comparecencia no Parlamento en marzo deste ano.»
Alfredo Ferreiro
0
Tags :