• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Agustín Fernández Paz nominado para premio ALMA

Xornal de Galicia: «Os escritores galegos Agustín Fernández Paz e Juan Farias están entre os 175 nominados aos Astrid Lindgren Memorial (Alma), dotados con 500.000 euros, os premios de maior contía económica da literatura infantil e xuvenil. Organizados polo goberno sueco no ano 2002 en memoria de Astrid Lindgren, a escritora máis popular do país nórdico, os Alma pretenden ser un recoñecemento a toda a creación literaria e non a unha obra en particular.

Porén, non é imprescindible ter escrita unha soa palavra para aspirar aos premios, pois tamén os que se dedican á ilustración e ás actividades narrativas poden ser premiados. Unha vez seleccionados os candidatos, un xurado composto por doce membros –entre os que hai escritores, críticos literarios, ilustradores e bibliotecarios– decide quen son os gañadores, despois dun proceso de varios meses.

“A miña candidatura propúxoa a Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil; xuntos elaboramos un dossier dos meus traballos, que se enviaron a Suecia hai xa varios meses e, a verdade, esta nominación é unha sorpresa”, sinala Agustín Fernández Paz. E ao respecto da nominación, o escritor galego apunta: “da miña selección polo xurado decateime polo Twitter de Marcos Calveiro, non tiven ningún tipo de comunicación oficial, nin creo que a teña” […]».