• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Artigo de Fran P. Lorenzo censurado

Segundo me comunica unha amiga, este artigo de FRAN P. LORENZO foi publicado no xornal en papel Galicia Hoxe e eliminado, a consecuencia dun comunicado da igrexa católica e da intervención directa do arzobispado de Compostela, do formato dixital. (Cfr. Galicia Confidencial)

«Despois de séculos de dominación, a Igrexa Católica aínda non se decatou de que o sincretismo relixioso que practica a galega xente non é un estrago calculado da súa doutrina apostólica e romana senón unha creación propia e singular deste pobo, unha máis. Santiago de Compostela é, nese sentido, un fecundo resultado da batalla histórica entre a ortodoxia vaticana e o paganismo local. Tamén o Camiño. Por iso todas as tentativas de reducir a espiritualidade dese roteiro á expresión unívoca dunha suprema fe en Deus son unha manobra avesa, calculada, para capitalizar un símbolo cultural e humano de Europa, patrimonio de todos así recoñecido. Neste sentido a visita do papa Bieito XVI a Compostela deixa fóra desta celebración aos milleiros de cidadáns que non profesan a relixión católica nin lle teñen lei a un dos patriarcas eclesiásticos que máis ten feito por estigmatizar e arredar do seo da Igrexa aos que non asumen a súa fundamentalista visión da fe e as súas teses retrógradas e lesivas, alérxicas ao tempo no que vivimos.
O desembarco papal non iría máis alá da descortesía política coas minorías que non o aturan a súa presenza se non fora porque esas minorías –máis ou menos masivas, pero sempre despreciadas por Núñez Feijóo– contribúen cos seus cartiños a sufragaren a inminente diatriba papal, disfrazada de mensaxe de amor.
O pasado domingo, nos diferentes oficios celebrados nas parroquias galegas, os cregos xa lle esixiron á freguesía o correspondente imposto revolucionario. A golpe de cepillo, como adoitan facer. Poida que a vontade das ovellas fora substraída polos seus pastores pero ese, sinceramente, non é problema dos que non pertencemos á secta; menos aínda daqueles que nin sequera aspiramos a mudar o eivado rumbo moral da institución. Se os practicantes queren poñer dez euros ou vinte do seu peto para avalaren a operación de márqueting da Xunta de Galicia e coroar un Xacobeo só grande en cifra de turistas, pois adiante. Pero non é admisíbel que ese saqueo millonario das arcas públicas se produza sin consulta previa, amparándose no suposto beneficio que lle reportará á cidade de Santiago a invasión das hordas católicas .
Haberá máis efectos colaterais no decorrer desta visita fetichista e pirotécnica do Papa. A suspensión do espazo civil, a clausura da libre circulación e o desenvolvemento dun estado de sitio efectivo, entre eles. Controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial.
O alleamento da Igrexa Católica é un feito e velaquí temos un Goberno que subvenciona as proclamas delirantes e as bombas de racimo dialécticas da Conferencia Episcopal Española. Os bispos, os que concelebrarán a eucaristía express do Obradoiro, pedíanlle onte os cativos que na noite de Halloween –o Samaín céltico, a véspera de Todos os Santos– vistan precisamente de idem, de santos, e non de meigas, nin de zombies, nin de caveiras, para “estimular” a vida cristiá e loitar contra o profano desta celebración tan pouco pedagóxica. Propoño outros estilismos ben máis edificantes e píos: unha Santa Águeda cos peitos cortados encima dunha bandexa, unha virxe romana violada, un San Lourenzo con queimaduras de terceiro grao, ou un San Sebastián, cuberto de plasma e de saetas. Se é certo que o sangue dos mártires é semente da vida cristiá, non sei a que agardan eses pequenos para se sumaren á festa.»

Share

13 thoughts on “Artigo de Fran P. Lorenzo censurado

    • […] versão em papel e eliminado depois na edição virtual por intervenção do arcebispado. Deixo cá um blogue no qual aparece o texto maldito (em português do norte, esperando que não seja de muita […]

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Grazas Alfredo por traer o artigo, só falta conseguir o efecto Streisand [ES]

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Grazas Alfredo por traer o artigo, só falta conseguir o efecto Streisand [ES]

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Efectivamente, trátase da liberdade de expresión, da censura, e da morte da profesión xornalística. Diga o que diga este xornalista, que por certo escribe ben e é contundente, a censura da Igrexa é un acontecemento do Pleistoceno. A Uribarri non o entendo, confunde o touciño coa velocidade. Creo que vai por outro lado. Acabo de ler hai nada en El País un comentario a este artigo do mesmo Uribarri, que ben podería firmar un fundamentalista católico.

      Se o que insinúa, Uribarri, é que o xornal Galicia Hoxe está ao servizo do nacionalismo, temo que comete un erro. Ou pensa que por estar en galego é nacionalista un xornal? Se pensa isto último entón xa me sorprende máis, realmente.
      Do que se trata é de cuestionar se o artigo de Lorenzo debía ser censurado na versión dixital, unha vez fora publicado e por tanto aceptado como opinión de xornalista. Se o xornalismo se caracteriza por algo é por interesarse polas opinións encontradas, para que o lector tome partido por si mesmo. Mais pode ser que alguén pense que debe obedecer a unha determinada ideoloxía, aínda que iso signifique a morte da profesión xornalística.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Curioso, el tal medio en el que escribe el tal Lorenzo, ¿quien lo financia? ¿Sale adelante con el dinero que os lectores “se queren poñer dez euros ou vinte do seu peto para avalaren a operación de márqueting da nacionalistas só grande en cifra de acolitos, pois adiante. Pero non é admisíbel que ese saqueo millonario das arcas públicas se produza sin consulta previa, amparándose no suposto beneficio que lle reportará la estupidez nacionalista? o ¿más bien vive a costa de los sufridos ciudadanos que tenemos que escuchar payasadas tales?

      Hai que actuar, que pensan que todo é deles.
      Gracias por poñelo artigo.
      Saúde

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Hai que actuar, que pensan que todo é deles.
      Gracias por poñelo artigo.
      Saúde

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Se estão passando… que diriam os de Sei o que nos figestes…

      http://seioque.com/index.php

    • […] This post was mentioned on Twitter by Filipe Diez, Alfredo Ferreiro. Alfredo Ferreiro said: Artigo de Fran P. Lorenzo censurado: Segundo me comunica unha amiga, este artigo de FRAN P. LORENZO foi publicado … http://bit.ly/b1Aja7 […]

Comments are closed.