Manuel Fraga premiado polo seu labor cultural
O mundo da cultura, o verdadeiro por actividade e creatividade, está a ficar absorto coa noticia. Neste momento suscitan moito interese os nomes das persoas responsábeis da referenciada unanimidade, así como o seu valor como representantes das institucións convocadas. Polo de agora, o que máis me chama a atención e que nas noticias se resalte que a elección de Fraga para o galardón non ten nada que ver coa política.
Sen “entrar no político” | Maré | Galicia Hoxe – Noticias en galego a diario: «O ex presidente da Xunta e senador, Manuel Fraga Iribarne, foi elixido, por unanimidade do xurado, gañador do premio Otero Pedrayo, pola súa “achega a Galicia”. O xurado estivo formado por representantes das catro deputacións galegas, das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, do Institututo Padre Sarmiento e da Real Academia Galega. Por proposta do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán elixiuse “a figura e a traxectoria” de Manuel Fraga. “É unha proposta sorprendente que pode ter moitas lecturas”, asegurou Louzán. En todo caso, matizou que “o pensamento dos membros do xurado destacou a achega á cultura de Galicia que traspasou todas as fronteiras”. “Non entramos no tema político”, sinalou.»
O PP dá un premio a Fraga pola Lei de Normalización que ignora – NOTICIAS – Hoxe en Xornal de Galicia 1º Diario Dixital de Galicia: «Entre os “méritos” que, para Louzán, acumula Fraga para ser mercente desta distinción sitúase a Lei de Normalización Lingüística e a “potenciación mundial do Camiño de Santiago”, nun contexto no que, como presidente, di, “supuxo unha gran sorpresa, cando aqueles que esperaban unha política centralista viron que era todo o contrario” e “apoiándose no galeguismo incorporou á Xunta valiosos nomes”.»
La Academia y las diputaciones dan a Fraga el premio Pedrayo · ELPAÍS.com: «”Es una propuesta sorprendente que puede tener muchas lecturas”, explicó Louzán, “pero en el pensamiento de los miembros del jurado se ha destacado la aportación a la cultura de Galicia que traspasó todas las fronteras. No entramos en el tema político”.»
Manuel Fraga gaña o Premio Otero Pedrayo pola súa aportación a Galicia – La Opinión A Coruña.: «”O labor de Fraga é indiscutible”, explicou Louzán, quen destacou que “Galicia sempre estivo no centro da súa vida e obra con múltiples traballos publicados e exhaustivos estudos”.»
Galiciaé – Manuel Fraga, premiado con el Otero Pedrayo 2010: «La candidatura del presidente-fundador del PP fue propuesta por la Deputación de Pontevedra, entidad organizadora este año del premio. El jurado también ha valorado, según explicó el presidente de la institución provincial, Rafael Louzán, el papel de Fraga como “referente en pro de la investigación, la promoción y la difusión cultural”.»
Fraga, Premio Otero Pedrayo 2010 pola súa “traxectoria de traballo en pro de Galicia” – Faro de Vigo: «O Otero Pedrayo está dotado con 30.000 euros e o seu obxecto é perpetuar e honrar “a memoria dun home de letras, a laboura que constitúa unha contribución eminente á cultura galega e promover os valores propios de Galicia e as obras que levén ó esclarecemento e mellora dos seus homes e institucións”.»
Revisión 16:55
A concesión do Premio Otero Pedrayo a Fraga non foi unánime – NOTICIAS – Hoxe en Xornal de Galicia: «Manuel Fraga recibirá o Premio Otero Pedrayo 2009 “pola súa longa traxectoria de traballo en pro de galicia e da cultura galega”, pero non por unanimidade, como aseguraba onte nun comunicado de prensa a Deputación de Pontevedra, entidade convocante e principal apoio da candidatura do ex presidente da Xunta. Na votación do xurado, da que se ausentaron as universidades de Santiago e A Coruña, entre outros membros, abstívose o representante da Deputación de Lugo. O nacionalista Antonio Veiga sae hoxe ao paso das informacións difundidas polo ente provincial pontevedrés e aclara o porqué da súa postura: “Non se respectaron as formas e o proceso de consenso sobre a candidatura como acontecera en anteriores ocasións”. A acta do xurado, á que Xornal de Galicia accedeu a través da Deputación de Lugo, pois a de Pontevedra facilitou unha versión mutilada, disipa calquera dúbida. O secretario do xurado precisa ao final do documento que a decisión de honrar a Manuel Fraga co Premio Otero Pedrayo 2009 foi adoptada “por maioría” e non por unanimidade. O texto tamén confirma que a candidatura de Fraga foi presentada polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, unha vez comezada a reunión. No prazo estipulado nas bases do premio só se presentara unha: a do escritor Darío Xohán Cabana.» O mesmo xornal tamén disponibiliza a Acta do Xurado do Premio Otero Pedrayo.
A Mesa considera ‘lamentábel’ a concesión do premio Otero Pedrayo a Manuel Fraga Iribarne – A Mesa pola Normalización Lingüística.: «A Mesa pola Normalización Lingüística amosa a súa “repulsa” á concesión do Premio Otero Pedrayo 2010 ao ex ministro franquista e ex presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne. A maior asociación cultural de Galiza considera que tal recoñecemento “é falsear a historia, pois se por algo se caracterizou e caracteriza Manuel Fraga é polos seus ataques á nosa cultura en particular e á diversidade cultural do Estado en xeral”. Ademais, desde a entidade consideran que “outorgarlle este galardón a quen tanto fixo contra a cultura galega é insultar a memoria de Ramón Otero Pedrayo”. […] Ademais, desde a entidade piden ás institucións que conforman o xuri que dean “explicacións públicas deste despropósito”. “Non é estraño que Rafael Louzán, que ordenou que a Deputación de Pontevedra deixase de comprar libros en galego para as bibliotecas públicas, que financia actividades contra o galego e que envía cartas reclamando aos concellos que non o utilicen, propoña a Manuel Fraga Iribarne para este galardón”, sinala Callón, quen no entanto considera “incomprensíbel que outras institucións secundasen este acto de submisión política ao PP, contra todo criterio racional e contra toda evidencia histórica”. A Mesa manifesta en concreto a súa “sorpresa e tristura” polo apoio da Real Academia Galega, cando “os estudos sociolingüísticos elaborados pola propia institución demostran que a maior caída de falantes da milenaria historia do galego se produciu durante os gobernos autonómicos de Manuel Fraga Iribarne”.»
9 thoughts on “Manuel Fraga premiado polo seu labor cultural”
Comments are closed.
[…] resulta que xa non a atopo no citado xornal… como pode ser isto? A verdade é que no contexto do inverósimil premio de Manuel Fraga polo seu labor cultural contando do inexplicábel apoio da RAG e a pasividade das universidades […]
[…] http://olevantadordeminas.blogaliza….abor-cultural/ […]
[…] http://olevantadordeminas.blogaliza….abor-cultural/ […]
Eu até certo punto entendo o “detrás de mi vendrá, quien de mí bueno hará”, porén, que Frijol sexa o maior inimigo da língua galega dende a ‘democracia’, non excusa que o seu precedesor sexa merecedor dese galardón. Isto é un insulto aos que deran á sua vida pola língua, cultura e liberdade da Galiza, eu polo menos tómoo coma unha afrenta á miña familia, aos demáis que loitaran polo mesmo sen obter nada a cambio, nada. É unha vergonza, eu teño que estar a facer malabarismos para renovar o meu permiso de residencia, porque non podo ter a nacionalidade, xa que para o estado tardofranquista español, o meu avó (os 4, maternos e paternos foran exiliados)é mexicano ao se nacionalizar no exilio, o seu pasaporte do goberno republicano no exilio non ten validez, á miña nai lle negan a indemnización polos anos que seu pai estivo coma escravo nos campos de traballos, nin falar dos bens incautados. Pero non pasa nada, porque aquí un exministro franquista que constantemente ten defendido o réxime infame aquel, leva un premio, e a saber se algúns cartos polo medio. Un premio que é un sarcasmo, sarcasmo de camisa azul, pois tráeme á memoria a folla do xuízo ao meu avó do réxime franquista á fin da guerra. Unha mostra do sarcasmo este, pois foi acusado de ‘auxilio a la rebelión’, cando o que fixo foi defender o réxime legal e lexítimo subordinado ao honorable Tenente Coronal Perea Capulino. Qué sarcasmo señores, nel defender un réxime legal é rebelión, nel bater na língua e servir a un réxime que a minorizou até matar e represaliar aos que a defenderan, constitúe traballar a prol desta, Orwell na Galiza.
Coido que mellor emigro a un país con DECENCIA, non sei, coma Nova Zelandia, o Canadá ou mesmo os Países Baixos, pois coma lembrou un lector no Xornal.com, lá na Holanda o pai de Máxima Zorreguieta non puido ir á voda da súa filla por seren exministro da ditadura arxentina, Aquí pola contra os votamos sucesivamente e mesmo os galardonamos. Que paren o carro, que eu me baixo deste país.

A ver vamos se descubrimos máis datos, porque polo de agora a cousa semella ben obscura.
En ocasóns coma esta fico ledo de que o meu avó morrera no exilio antes da fin da ditadura. Aforrou ver barbaridades que feren.
¿Unanimidade? ¿Quen era o representante da RAG? ¿Ferrín?
¿Hai algo que non sexa político?
¡E haberá que tragar semellante m…!
¿Unanimidade? ¿Quen era o representante da RAG? ¿Ferrín?
¿Hai algo que non sexa político?
¡E haberá que tragar semellante m…!