• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

A lingua como ‘legado inmaterial’

Carlos Varela propón a lingua como “legado inmaterial” – Galicia Hoxe: «O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, propuxo onte na Cámara autonómica que a futura Lei de Patrimonio Cultural de Galicia inclúa unha declaración sobre o galego como “parte esencial” do “legado inmaterial” da comunidade.

Coñecedor de que se está a elaborar un anteproxecto de Lei de Patrimonio Cultural que substituirá á normativa do ano 95, animou os deputados da Comisión Institucional a ser “ambiciosos” co fin de articular un texto legal “de última xeración” no que se poidan incorporar os conceptos relativos ás distintas tipoloxías de bens culturais e dotalos de medidas de protección “específicas”. O seu obxecto debe ser, ao seu xuízo, “impedir a súa deterioración, perda ou comercio ilegal”.

A marxe diso, formulou que se aproveite o texto desta lei para “facer unha declaración de principios”, tal e como se fai noutros ordenamentos xurídicos, referida “ao elemento máis importante integrante do patrimonio cultural” de Galicia, a lingua galega. “Como testemuño e fundamento de identidade colectiva, é un elemento esencial e vector integrante do noso patrimonio cultural inmaterial”, defendeu Varela».

Share