Os novos escritores saben do que falan, e do que queren falar
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/J3Lz32SmYsE" width="300" height="247" wmode="transparent" /]
|
Despois de dedicarlle unha semana e pico a aproximarme aos participantes nas mesas do V Encontro de Novos/as Escritores/as da AELG, a celebrar este sábado na Coruña, a satisfacción non pode ser maior á vista dos argumentos publicados:
a) a poesía depende da percepción, e esta pode ser treinada para aproximarse ao poética e logar así un mellor compromiso coa realidade; b) as actitudes creativas rexeitan as posicións permanentes de “resistencia”, porque non queren participar da visión negadora dos que se mostran belixentantes; c) seguindo a idea anterior, as actitudes de defensa da lingua deben suxerir antes creación e positividade que “loita lingüística”, para fuxir da agresividade e mellorar as estratexias de crecemento de galegofalantes; d) os premios literarios ofrecen resultados subxectivos, mais supoñen un apoio importante á construción do sistema literario; e) a creación artística debe preocuparse con profundizar no obxecto poético e no seu proceso de elaboración, e nós participarmos no traballo ancestral de adquirir coñecemento através destas prácticas. Non se perdan os vídeos que ofrecen as intervencións preliminares, creados para alimentar o debate. |