Galegobook: libros electrónicos sobre a lingua galega

«O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía…).

Para facilitar a procura de material, no Galegobook acharás un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Ademais, ao final de cada entrada, as persoas usuarias poderán engadir os seus comentarios para o compartiren co resto de lectores.

Ao mesmo tempo, tentaremos publicar os artigos máis salientábeis que, sobre o galego, aparezan na prensa tradicional e nos novos medios.

Na actualidade, este blogue está en fase de construción, polo que é posíbel que non atopes o que andas a procurar. Con todo, se desexas publicar ou informar acerca dun material, podes contactar comigo.

Agardo que esta páxina poida servirche de algo.» [Vía galegobook: Que é o Galegobook?]

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.