• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

O Galego nos medios de comunicación

«[…] Nos últimos tempos, varios medios de comunicación escritos de Galiza deron un novo paso nesa estratexia de marxinación e invisibilización do noso idioma: as declaracións individuais ou colectivas de persoas e entidades que teñen unha permanente práctica lingüística en galego son traducidas e presentadas –mesmo entre aspas para aparentar a literalidade- en castelán como se foran feitas nese idioma. Chégase a traducir os eslógans e lemas das mobilizacións e os textos das pancartas. Distorsiónase así gravemente a imaxe pública de persoas e colectivos que teñen entre os seus sinais de identidade a constancia no emprego e a defensa da lingua galega.

Por todo o devandito, como galegas e galegos, asinamos a nivel individual ou colectivo o presente escrito e esiximos dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:

1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.

Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes. […]»

{Vía Marxinacion do galego nos medios}

Share
Tags :