Novos retos para Iago Martínez
Iago Martínez: «Xornal de Galicia xa non existe e de Xornal.com queda apenas un simulacro. Dá igual o que dure. Non hai xornalistas detrás dos titulares. Ningún. É unha pantasma. Doe.
A liquidación levou por diante moitas cousas, unhas importantísimas e outras menos. Entre as miúdas estaba Deliberadamente. Nunca dei actualizado aquel blog. Desta vez prometo ser puntual.»
Iago, que ofrece desde hai tempo unha pluma imprescindíbel no ámbito da cultura, confírmanos que aceita os novos retos que a actualidade a tantos reclama: máis atención, máis colaboración na rede e todo o talento. Porque dos defectos das políticas culturais e económicas han de nacer as nosas virtudes.
Alfredo Ferreiro
0
Tags :