Xavier Alcalá: a importancia de respeitar os galeguistas
Xavier Alcalá: «[…] Cando algúns comezamos a escribir da conveniencia de dominar o portugués coa facilidade básica de quen fala galego, escoitouse de todo. Agora que a AGAL vai facer importante aniversario, ninguén lembra a Ernesto Guerra da Cal e a súa visión pan-galeguista da lusofonía.
Sen embargo, permítese que un pailán integral, que non viu o mundo máis que polo furado da porta (da aldea, que nunca desa aldeíña saíu máis que para ver catro cidades como se fosen aldeas), malle sen respecto en figuras coma as de Guerra, Carballo (Carvalho) Calero ou Guerra da Cal.
Cando o Brasil e a Turquía entran a mollar pan no prebe da economía mundial, hai un imbécil con título de catedrático que aínda se atreve a manter que, para “lingua universal”, ben lles chega aos galegos co castelán.
Seica non sabe de economía, de que só pode haber cultura viva con excedente económico. Seica non sabe que a forza dunha lingua se mide multiplicando o número dos seus falantes pola suma dos produtos internos brutos dos países que a teñen por código de comunicación […]»