‘O mundo habitado’, exposición de foto/poesía de François Davo e Gonzalo García
Até o 31 de decembro, “O mundo habitado” que descubriron François Davo e Gonzalo García chama por nós desde a Casa Museo María Pita da Coruña (Herrerías, 28). Trátase dunha exposición en que a escritura e a fotografía se unen para dar unha sorte de luz no territorio misterioso do máis ancestral, concretado neste caso no Dolmen de Axeitos. Fotos sobre as sombras que a pedra ofrece e textos sobre o saber que a pedra garda, feixes de luz cruzados que os artistas mostran limpamente, para que o lector/expectador apañe no detalle o universal.
Tags :
1 thought on “‘O mundo habitado’, exposición de foto/poesía de François Davo e Gonzalo García”
Comments are closed.
[…] que os artistas mostran limpamente, para que o lector/expectador apañe no detalle o universal. {O levantador de minas} Publicado en Fotografías, François Davo, Poemas e etiquetado como François Davó, Gonzalo […]