• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Presentación dos ‘Versos fatídicos (1994-2010)’

VersosFatidicos_AlfredoFerreiro_2011Venres 16 de decembro, 21:00 horas

Milpedras, taller de litografía (Rúa: Brasil,3 baixo, 15009 A Coruña)

«Trátase do novo libro de Alfredo Ferreiro. Nas súas propias palabras “Versos fatídicos é unha colectánea de poemas inéditos e outros agora caprichosamente versionados. Textos elaborados seguindo diversas técnicas e procesos ao longo de quince anos: surrealismo, ocasión, remedio, provocación, compromiso, amor…”
A obra, inicialmente só dispoñíbel en papel, conta cunha edición con responsabilidade de Edicións Positivas (http://www.edicionspositivas.com/). O inspirado prefacio é de François Davo e as oníricas ilustracións de Alberto Esperante.

Intervención do Grupo Surrealista Galego
No contexto da presentación do libro, o GSG hipoteticamente participará no evento abalando o sentido poético dos presentes con diversas actividades: cadáveres, profecías, meditacións poéticas, transubstanciacións imaxinarias, epifanías verídicas, comuñóns simbólicas, anagnórises surreais, manuseamento de obxectos mutantes…»

Proposta para o público: Rógase acudan ao evento cun obxecto da súa elección, que será colocado na ‘maleta dos obxectos mutantes’ para a observación poética in situ. Os obxectos ofrecidos serán considerados contributos realizados para o laboratorio ao vivo do GSG, o que se agradecerá convenientemente.

Share

Leave a Reply