Xavier Alcalá: Bélxica abrazou o reintegracionismo

Xavier Alcalá: «[…] Como sabe, Ernesto, sempre gustei de andar camiños e coñecer xentes. Por iso, xa avó de barbas brancas, aceptei traballo en Flandres, país do que moito temos falado. Hai máis dun lustro que paso case a metade do tempo alá, lendo e oíndo as lingua dos Países Baixos; e visito en Amsterdam o profesor Fernando Venâncio, sabio co cal deberemos armar conversas cando el e eu chegarmos a esa beira do Estixe (para o que os amigos haberán de ser pacientes).

Cumpríalles aos galegos tomar exemplo dos flamengos, pois reviviron a súa lingua asoballada polo francés e aceptaron as normas gráficas da maioría para pesaren máis no mundo. Di o profesor Venâncio que as diferenzas entre falas neerlandesas son maiores que entre as galaico-portuguesas, mais os flamengos cederon: falan neerlandés ao seu xeito e escríbeno como os holandeses.

Ora, ¿como convencermos aquí os enxebristas? Mal se pode discutir con quen devece por Madrid e considera o castelán como única lingua universal. Só fica unha esperanza: os bolseiros galegos en Bruxelas estudan portugués alá. Non é o mesmo a capital de España que a da Unión Europea: desde Bélxica vense o Brasil e Angola […].»

{Carta a Guerra da Cal e ao seu compañeiro D. C. Warnest}

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.