• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

‘Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo’, de Álvaro Negro

Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo, de Álvaro Negro

O libro que nos ocupa é resultado de ter gañado o autor a edición 2007 das Becas de Creación Artística no Estranxeiro Gas Natural – Unión Fenosa. “Estas bolsas, concedidas con periodicidade bienal desde 1991, diríxense a artistas nacidos ou residentes en Galicia e menores de 35 anos ao publicarse a convocatoria. Até a data teñen permitido a case una trintena de autores completar a súa formación profesional, ampliar o seu horizonte creativo e impregnarse de novas influencias”. Unha exposición presentada no Museo, precedida pola redacción dos informes en que o artista condensou a súa experiencia, foi completada pola edición de este catálogo, mostra do traballo realizado por Álvaro Negro ao longo de dous años.

Para este catálogo o artista plástico requiriu a colaboración dos escritores Carlos Negro, Chus Pato e Claudio Fernández, que escribiron textos literarios inspirados nas fotografías e vídeos contidos no traballo de creación desenvolvido durante dous anos en Galicia, Berlín e Londres.