• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Participando na Praza Pública

Fotografía de Alfredo FerreiroDeste modo, caras e caros, comecei a miña andaina de columnista no novo xornal Praza Pública:

«Este ano, din os vaticinios, será duro. Xaneiro comezou co falecemento de Isaac Díaz Pardo, un dos grandes referentes da Galiza moderna, e continuou co de Manuel Fraga Iribarne, louvado pola transformación dunha ditadura franquista na actual democracia bananeira dos franquistas. En datas próximas, o corpo do poeta Rui Costa, de trinta en nove anos e considerado grande promesa da poesía portuguesa, foi encontrado morto na Afurada: “Fontes policiais assinalaram que o corpo encontrado é o de um homem que caiu ou se terá atirado da ponte da Arrábida”. Semella este último un argumento de Arthur Conan Doyle, mais non é así: conservo o último libro de poemas asinado por el, en Gaia, un ano antes. Tempos de morte, e datos que como runas a miña mente deita agora na mesa en que estou a escribir.

Ao tempo, ergo a vista e a crise da que non desexo falar mais da que non podo evitar escoitar arrastra cuestións moito máis relevantes que a perda paulatina de poder adquisitivo: a utilización desta falsa democracia para xustificar a explotación. Porque o máis grave non é errarmos a ruta, senón queimarmos as naves que nos han de levar a terras mellores. Antes o flaxelo caía nos países pobres mentres aquí desfrutabamos dun ben estar tan artificial como os decorados do Oeste Americano de Almería; agora os bimes xa caen no noso lombo encanto carrexamos o saco sen fondo da cobiza occidental. Que mexen ou que chova, queridas, é secundario […]» {Ler máis en Praza Pública}

Share