• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Unha Academia Galega pouco Real

Logo Real Academia GalegaSegundo o Estado a Real Academia Galega non ten dereito a percibir máis que o 38% do que percibiu o ano pasado, único ano en que lle foi outorgada unha axuda económica digna desde Madrid. Aínda que até o ano pasado tiña sido a peor tratada desde sempre polo goberno da nación española, este ano tócalle estar moito peor que as correspondentes catalá e basca, e tan mal como sempre acostumou a estar. Ao mesmo tempo, a Casa Real é insensíbel ás penurias dos seus súbditos reducindo o seu orzamento unicamente nun 2%. A verdade é que sempre pensei que á Academia Galega lle sobraba o de Real.

2 thoughts on “Unha Academia Galega pouco Real

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Moi agradecido, Cibrán, por avisarme. Xa corrixín os datos.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Vou comentar un erro ‘matemático’desta entrada. Escribes que a RAG ‘recibirá o 62% do que percibiu o ano pasado’ e non é así. A cousa é moito peor.
      Vai ter unha redución do 62% polo que este ano ‘recibirá un 38% do que percibiu o ano pasado’. No caso da Casa Real, terán un orzamento dun 98% con respecto ao do 2011.

Leave a Reply