Olga Novo e Antón Riveiro Coello, Premios da Crítica Española
No día de onte coñeceuse o ditame dos Premios da Crítica Española, que no apartado de literatura en lingua galega corresponderon aos libros Cráter, de Olga Novo, e Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello. Como membro da Sección de Crítica Literaria da AELG teño que recoñecer que o traballo de escoller o mellor libro de poesía e de narrativa do ano anterior é ben agradábel, sobre todo porque se constata de ano para ano o alto rendemento do sector creativo do noso sistema literario. En particular, lembro a especial satisfacción que na Sección sentimos cando hai pouco máis dunha semana se revelaron os títulos máis votados. Parabéns aos premiados. [Vía Ferradura en tránsito]
Alfredo Ferreiro
0
Tags :