O día en que o deserto chegou ao Premio Biblos
Este verán tivemos a honra de sermos convidados ao ditame do 8º Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos. A Casa Grande do Bachao florecía so o agradável sol dunha tarde de xullo, ofrecendo entre os seus mellores atributos a natureza, a arquitectura tradicional e a compañía de amigos e amantes da literatura.
Todo era harmonía aquela tarde, mais agachaba unha sorpresa inesperada: o ditame do Premio deixábao deserto. María Xosé Queizán, como membro do xurado e hipotética titora da pluma vencedora, explicou non sen pesar que a cualidade das propostas apresentadas non atinxían os mínimos que habían de dignificar un premio cunha traxectoria tan sobresaliente. Tucho Calvo, falando por Biblos Clube de Lectores, comprometeuse a divulgar máis o premio entre os menores de 25 anos.
Felizmente, a compañía, o ámbito bucólico e a cea posterior cargada de espeso ambiente artístico-literario permitiron desfrutarmos dunha velada inesquecíbel. {Máis en Biblos Clube de Lectores}
5 thoughts on “O día en que o deserto chegou ao Premio Biblos”
Comments are closed.
Uso windows e google chrome. Quizais se probo co moztilla…
Quero dicir, Peke, que agradecía referencias sobre o sistema operativo e o navegador que usas, para que o poda ter en conta. Agradezo o aviso e pido desculpas por non terme explicado dabondo.
Que ti o vexas ben non implica que os demais tamén o vexamos ben. No meu blog pasou algo semellante: eu víao ben, pero os demais non.
Ola, Peke: Non comprendo o comentario, porque eu vexo todo ben. 🙁
A metade do texto non se le porque queda montado sobre a columna da dereita.