• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Malandro en Arteixo

Un dos mellores momentos deste verán arteixán foi asistir á actuación do noso amigo Dubi Baamonde co grupo Malandro nas rúas da vila. Beber devagar unha cervexiña refrescante escoitando canción brasileira ao vivo foi unha experiencia altamente reconfortante, e fíxome sentir, sen deixar de ser vilego, unha viaxe ao mundo exótico a que a nosa cultura aportou nas alforxas dos nosos irmáns portugueses. Música do espírito en que o noso ancestral ibérico se funde harmonicamente co ritmo africano e a vida no trópico de América do Sul. Deixo o vídeo que apañei co teléfono:

Share

Leave a Reply