Adtlantida.tv, 4 últimos días de crowdfunding
Coñeces Qik, Livestream ou Bambuser? Son apps que instalas no móbil e permítenche emitir vídeo ou audio en directo a través de internet, colocando un reprodutor en calquera páxina web ou blog. Contas cun espazo de almacenamento e os vídeos poden reproducirse tamén en diferido.
Adtlantida.tv vai ser así. Pero grazas a Beka Iglesias e a Berio Molina, teremos unha app en galego, sen publicidade e unha mediateca onde os nosos vídeos serán facilmente localizábeis. Con Adtlantida.tv poderemos emitir vídeo en directo non só desde un móbil, senón desde dous ao mesmo tempo por canal, para dar dous puntos de vista do mesmo acontecemento e sen censura.
O proxecto está en goteo.org E por 55€ podes ter conta de streamer o primeiro ano (a partir do segundo ano a app estará dispoñíbel para todo o mundo de balde). Tamén podes colaborar con cantidades menores, por suposto.