• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Nace a revista Luzes

«”Estamos un tanto a escuras (…) Nós pensamos que o que vemos non nos gusta, ou nos nos recoñecemos niso (…) Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban”. Está a piques de nacer un novo medio informativo en Galicia: chámase Luzes, será mensual, editarase en papel, en galego, e verá a luz en outono. Esta tarde presentouse na Feira do Libro da Coruña o seu número 0, un exemplar, un prototipo que se podía ver “e tocar”, como ben salientou algún dos seus responsables, unha mostra dun proxecto aínda aberto, en marcha, pendente de recibir novos apoios e achegas, pero xa moi avanzado.

Entre os nomes que xa impulsan a revista atopamos de forma moi destacada a Xosé Manuel Pereiro, Iago Martínez e Manuel Rivas; o proxecto gráfico é responsabilidade de Antonio Doñate e Xosé Carlos Hidalgo; e tamén se conta coa colaboración de Hércules Ediciones e Tórculo. O comité de redacción está formado, inicialmente, por Belén Regueira, José Manuel Sande, Juan Janeiro, Antón Lado, Manuel M. Barreiro, Tati Mancebo, Julio Gómez e María Yáñez. E o Consello Editorial confórmano Fermín Bouza, Lino Braxe, Xabier Seoane, Antón Patiño, Jonathan Dunne, Martine Silber, Ramón Chao, Débora Campos, Xoán Antón Pérez-Lema e Suso Iglesias […]» {Ler máis en Praza Pública}

O rexistro en streaming foi de Tati Mancebo.

2 thoughts on “Nace a revista Luzes

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Fe de erratas, como dicían antes na prensa: No meu comentario, onde di “Chantada” quixen dicir BARALLA e mailo seu alcalde xenuinamente galego profundo.

      ===
      apequenanovelagalega.blogspot.com.es

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Boa cousa, sempre que se faga amodiño e con boa letra, algo infrecuente por aquí, e últimamente, máis ca iso. Postos a pedir, sería interesante que entre os seus colaboradores estiveran Xosé Manuel Beiras, Xesús Alonso Montero, o alcalde de Chantada e eu mesmo. Iso si sería “pluralismo”.

      ===
      apequenanovelagalega.blogspot.com.es

Comments are closed.