• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Turismo interior, gozo profundo

Praia de Coroso desde unha terraza de Palmeira (Ribeira) Non estou en Ibiza nen na Costa Azul, senón nunha terraza paradisiaca onde se pode tomar un refresco por menos de 2 euros, a carón de Ribeira, esa grande vila que os gobernantes rancios de sempre tentan pasar por “Riveira”, se cadra para que se afaste da lingua que falan o 97% dos seus habitantes e se asemelle máis do francés, nunha tentativa de disimular un españoleirismo demodé.

Aínda ben que talentos da talla de Quico Cadaval colocan no seu sitio a bandeira ribeirana, para orgullo de propios e admiración de todos.

Eu hoxe só pretendo animar o persoal a visitar este lugar marabilloso, onde a xente fala cun seseo que me acariña as orellas e tan ben me sinto tratado desde hai varias ducias de anos.

A foto, como sospeitades, foi tirada esta mesma tarde xusto antes de porme a escribir estas liñas.

Share

3 thoughts on “Turismo interior, gozo profundo

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Concordo. O meu cu nos días calorosos, non. Aínda que os peores inimigos da paz de terraza non son as mesas e cadeiras de Estrella Galicia. Algo diso teño cocendo para o blog.

      ===
      apequenanovelagalega.blogspot.com

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Algunha pexa habemos de soportar, non lle parece? Se non nunca desfrutaremos de nada, por demasiado esixentes.

    • Author gravatarAuthor gravatar

      Mágoa dos mobles de plástico, que moito lles gustan ós hosteleiros. As miñas terrazas preferidas téñenos de madeira. As vistas son peores, iso si.

      ===
      apequenanovelagalega.blogspot.com.es

Comments are closed.