B.P.:«Hai xa máis dunha década que María Yáñez dicía iso de “outra vaca no blog (millo)”. Eran aqueles momentos de eclosión. Mais dunha década despois, as redes sociais semellan telo deixado en segundo lugar. Ou tal vez haxa xa tantas ducias e centos de vacas na leira que xa non sexa pertinente unha etiqueta para nomear unha comunidade emerxente. Analizámolo con Tati Mancebo, a coordenador dun A FONDO que sairá a rúa, conxuntamente co número 121 do semanario SermosGaliza, esta quinta feira 6 de novembro.
-Levamos algo máis dunha década de blogomillo. Cal é a pertinencia de abondar na actualidade dos blogues, como se fai neste A Fondo?
-As redes sociais céntranse no concepto de inmediatez, mentres que os blogues o fan na idea de almacenamento e organización permanentes de contidos. Os perfís das redes sociais son entidades que se definen en relación ás súas redes de contactos, mentres que os blogues foron e seguen a ser diarios, individuais ou grupais, de comunicación co mundo, coa intención de chegar a toda persoa que poida interesarlle un tema ou o un punto de vista particular sobre ese tema.
-Que terías que dicir fronte á quen di que o blogomillo está morto?
-É un tópico similar a outros tantos que parte dunha necesidade de definir que temos as persoas. Dicir que algo está morto é unha boa maneira de poñernos a pensar que é, aínda que acabemos chegando á conclusión de que non estaba tan morto como parecía.
-Que aspectos concretos do blogomillo se tratarán neste A Fondo e por que?
-Tentamos mostrar unha visión máis ampla do panorama que habitualmente se pinta. Cando se escribe sobre blogues, axiña aparecen nomes como os de Manuel Bragado ou Manuel Gago, dous exemplos de pioneiros que seguen a ser dos máis relevantes na nosa comunidade, mais esta vez ímonos desculpar con eles e mostrar outras vertentes, tanto en referencia aos contidos, como aos autores. Por exemplo, Mallando no Android é un blogue colectivo que está entre as páxinas en galego máis vistas, e é un blogue […]».
Utilizamos cookies para melhorar a sua experiência no nosso website. Ao navegar neste website está a concordar com a nossa política de cookies.ContinuarSaber mais
Privacidade & Política de Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.