
Finalizando o prazo para o Certame de Narracións Breves Manuel Murguía
Para aquel@s interesad@s na narración breve en galego, lémbrovos que o 29 de febreiro finaliza o prazo para enviar ao Certame de Narracións Breves Manuel Murguía chega ao cabo. Este prestixioso certame, que despois de 25 anos de andaina me coubo a honra de coordinar, ten un ano máis as mellores expectativas na creatividade literaria do país.
Para quen non coñeza aínda as BASES, o Concello de Arteixo dispuxo unha páxina en que se detalla todo o necesario para participar, para alén de facer cumprida referencia ás persoas que neste primeiro cuarto de século gañaron, foron finalistas, xulgaron, organizaron, premiaron e colaboraron de diversos modos co Certame.
E por se alguén aínda non reparou, este é un dos premios que na Galiza respecta a normativa do texto, calquera que sexa. Porque a tolerancia gráfica permite a liberdade creativa, e a liberdade creativa é campo aberto para a inspiración.
Alucino como se poden coar neste ano 2016 novas destacadas deste blog de 2009, neste caso o premio Repsol a Xosé Luís Martínez Pereiro. Abres o do certame Manuel Murguía e aí aparece destacado: “Xosé Luís Martínez Pereiro recibiu o premio Repsol”. Pero como é posible semellante desfase de sete anos? Ou isto ten que ver co día da marmota?
Non é para alucinar, Lois, éche cousa do plugin que automaticamente relaciona este post con outros do mesmo blogue. Debe ser polas etiquetas comúns das dúas anotacións relativas ao Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.
Agradezo o aviso, de calquera modo.