“Affaire” Centro Pen Galicia: comunicado da AELG
Á vista das declaracións públicas difundidas nestes días en que se nomea e verten opinións atribuídas á AELG, o seu Consello Directivo quere facer constar o seguinte:
1. É norma da AELG manifestarse co seu proxecto de traballo e plan concreto de actuación no día a día, perante a súa base asociativa mediante comunicación persoal e directa, e á sociedade global a través das novas tecnoloxías e medios de comunicación, así como dar conta anualmente nas súas asembleas do traballo feito e do estado de contas que sempre foron públicas.
2. Agradecemos os artigos nos que a AELG ten sido citada en positivo polo seu facer e proceder e nos que, asemade, se evidencia a desproporción entre o traballo colectivo desenvolvido por esta entidade na defensa e promoción do sistema literario galego e as desiguais achegas das diversas institucións públicas do país, fortemente minguadas nos últimos anos, pois non faltan á verdade.
3. Aínda que lle son demandadas, a AELG nunca entrou nin entrará a avaliar as opinións expresadas polos seus máis de catrocentos asociados e asociadas, que entendemos que fan públicas no exercicio da liberdade de expresión cuxa defensa é a razón de ser da AELG.
{AELG}
Nota: Cfr. «Luís González Tosar: “No Congreso de Ourense do Pen Internacional, o mundo coñecerá a cultura galega sen tutelas”»; “Chafallada no Centro Pen de Galicia”; «No reino de Dinamarca»; “A directiva do Pen Club de Galicia pecha o prazo de presentación de candidaturas á súa renovación sen facilitar o listado de socios”; «Por que calamos @s escritor@s?».