
Membros do Centro Pen Galicia buscam amparo no Pen International (laduda.net)
Ainda que nós nada novo tenhamos a dizer sobre o particular, semelha que os movimentos de revolta continuam a turbar, ou se quadrar prentender aclarar, as contas e os métodos de trabalho do Centro Pen Galicia:
«LD / Un grupo de escritores asociados ao Pen Clube de Galicia, encabezados por Xavier Alcalá, ven de dirixirse á directiva do Pen International para pedir o seu “amparo” ante as irregularidades que, segundo denuncian, tense producido o pasado mes de febreiro no proceso de elección da executiva da filial galega do centro, dirixida polo poeta Luis González Tosar. Eses feitos, na súa opinión, poden poñer en risco a celebración do congreso que a asociación internacional de escritores prevé celebrar en Ourense o próximo outono.
Tras unha conversa telefónica e nunha longa mensaxe por email enviada ao director executivo do Pen International, Carles Torner, e ao director literario da organización, James Tennant, Alcalá pide o seu “amparo”antes de “xudicializar” un conflito que, ao seu xuízo “pode levar aos escollos do escándalo non só a lancha do centro Pen galego senon ao propio buque do Pen International”.
Tal e como publicou La Duda en varios artigos aos que se pode acceder ao final deste texto, o proceso de escolla do centro galego da organización estivo batuxado de numerosas irregularidades: en primeiro lugar, porque nos seus vinte anos de existencia incumpríuse reiteradamente a regra que obriga a convocar eleccións cada catro anos. En segundo lugar, porque a asamblea convocouse ás presas e cun escaso prazo que impedíu na práctica que se presentaran candidaturas alternativas á de Tosar. E como terceiro engadido, porque esa posibilidade tampouco podería terse producido xa que, por riba, a directiva non facilitou o censo de membros do clube aos asociados que o solicitaron. A listaxe non figura na web do clube, que ten a súa sede nun edificio propiedade da Xunta de Galicia (o número 30 da Casa da Parra, en Santiago), onde ninguén atendeu en tempo e forma ás citadas e reiteradas peticións (o último burofax enviado foi recollido o día despois do peche da recepción de candidaturas).
Finalmente, na asemblea, celebrada o 20 de febreiro resultou elixida unha lista que aparecen vocais que non estaban, e desaparecen outros que sí figuraban na lista para a que Tosar solicitou o apoio por carta, instando aos socios que non ían asistir á xuntanza que delegaran nel o seu voto. O quorum da cita foi paupérrimo e como para replantexarse a lexitimidade do acordado: acudiron 13 personas e só outras 13 delegaron o voto. E foron estes últimos os que, ao facelo, elixiron a uns representantes distintos aos que tiñan pensado elixir. […]»
{Membros do Pen Clube piden “amparo” á directiva do Pen International polas irregularidades do centro galego – laduda.net}
Atualização 23/05/2016: LA REGIÓN: “Recepción de Baltar a la presidenta del Pen Club Internacional“; TELEMIÑO OURENSE: “Recepción Baltar presidenta Pen Club Internacional“; TELEMIÑO: “Recepción Baltar presidenta Pen Club Internacional“; LA VOZ DE GALICIA: «El congreso analizará la violencia contra las mujeres y la censura».