Depois de várias tentativas em anos anteriores, enfim pude aceitar participar no evento do amigo Manuel López Rodríguez, em Terra de Outes:
«“Encontro de poetas en Idioma Galego”
Este ano as entidades organizadoras/
Trasladamos o acto de Noia a Outes, xa que, consideramos, a contorna na que terá lugar permítenos ampliar o número de actividades.
As actividades serán abertas ao público en xeral, libres e gratuítas e non é preciso estar anotado… agás no recital (reservado exclusivamente para os poetas que teñan confirmado previamente a súa asistencia). En dito recital o público poderá acceder libre e gratuitamente até encher aforo.
Hastag: #encontropoetas2016
PROGRAMA:
Mañá:
11:00 – Recibimento dos poetas e público na Carballeira de detrás da Casa da Cultura.
11:30 – Roteiro de Francisco Añón (1 hora aprox.): paseo pola Serra de Outes visitando a casa e lugares relacionados co poeta e coa súa obra. O escritor e filólogo Ramón Blanco fará de guía.
12:30 – Entrega floral na estatua de Francisco Añón.
12:45 -Foliada, na carballeira, a cargo do Grupo de gaitas do Concello de Outes.
13:00 – Xantar popular, ao ar libre, na carballeira (cada quen terá que traer a súa comida).
Tarde:
15:30 – Confirmación na mesa (e ficha) dos poetas asistentes.
15:45 – Apertura do posto da Libraría Poeta Añón
16:00 – Himno Galego.
16:05 – Intervención dos representantes das entidades organizadoras.
16:30 – Macrorrecital poético.
-Bloque 1
-Actuación musical a cargo de Manuel Mariño
-Bloque 2
-Actuación musical a cargo de Xastre
-Bloque 3
-Actuación: Ai-El-Ela Pandereteiras
Despedida e peche.
NOTA: En caso de choiva ou mal tempo, o xantar e foliada e, incluso o recital poderán ser trasladados a onde a organización considere adecuado (Pavillón municipal).
O público en xeral non precisa confirmar asistencia, e poderá participar no roteiro, no xantar, na foliada, entrega floral, así como de oínte no recital.
Os poetas que desexen participar no recital deberán confirmar previamente a súa asistencia (falando con nós a través dos comentarios neste mesmo evento de Facebook, ou enviando unha mensaxe privada aos organizadores).
Este acto carece de ánimo de lucro e realízase coa única finalidade de promover a poesía feita en idioma galego, así como a de pór en contacto e debate ás distintas faces do Sistema Literario Galego (SLG).
Ningún dos participantes ao mesmo, nin tampouco os organizadores, cobrará absolutamente nada. Facemos isto de xeito altruísta e desinteresado. Fóra deste punto pode quedar “aquilo” que o Concello de Outes considere conveniente para o ben transcorrer do acto: montaxe de mesas, luces e son, infraestrutura, grupo de gaitas municipal, etc.
Por cuestións loxísticas non se facilitará, nin se dará a coñecer, a lista dos poetas participantes no evento até o mesmo día e “in situ”.
Agardámosvos a todos e a todas!!»