
“26º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía”
Por segundo ano asumimos a coordinación do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo, que en 2017 atinxirá a 26ª edición.
“Os relatos [entre 15 e 30 páxinas] deben ser orixinais e inéditos (non publicitados en ningún soporte, físico ou dixital) escritos en lingua galega, enviados baixo plica antes do 1 de marzo próximo e cumprindo todas as condicións estipuladas nas Bases (PDF).
Os premios: O primeiro dotado con 4.000,00 €, o segundo con 500,00 € e o terceiro con 300,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención.
Por costume, cada tres anos o Concello de Arteixo promove a publicación en papel dos relatos gañadores e finalistas. A nosa última edición foi A garza insomne. Certame de Narracións Breves Manuel Murguía 2013-2015 (2016), coa colaboración da Editorial Galaxia.
Información: Para dúbidas pódese chamar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org“.
*
Advertência: Lembrai, autor@s em galego de todo o mundo, que este prémio advoga pela tolerância gráfica desde a sua fundação há mais de 25 anos, o que garante a liberdade criativa e a ausência de critérios político-linguísticos na valorização das obras apresentadas. Esta atitude socialmente inclusiva do ponto de vista linguístico é algo que nos orgulha especialmente e gostávamos fosse um exemplo a seguir por todos os prémios literários do país.
Alfredo Ferreiro
Coordenador do Certame