• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa
Alfredo Ferreiro
Finalistas do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

Finalistas do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

Reunido o xurado o pasado 22 de abril, a organización do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo,  anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o próximo 19 de maio, venres, ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.

Certame Manuel Murguía Arteixo 2017 - XuradosReunido o xurado, composto por Anxos Sumai (escritora e representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Beatriz Rodríguez Rodríguez (profesora da Universidade de Vigo e representante da Asociación Galega da Crítica), Diego Giráldez (gañador da 25ª edición) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (por orde alfabética de autor):

Reversible, de Jesús Amboage García

Corazón de Aquiles, de Noelia Cendán Teijeiro

A semântica oculta de Mrs. Hockett, de Teresa Moure Pereiro

Dos 58 relatos recibidos, 52 foron admitidos a concurso por cumpriren estritamente as bases. Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.

Como novidade deste ano, a coordinación destaca a presenza no xurado de un membro da Asociación Galega da Crítica, feito que, grazas a un recente acordo de colaboración similar ao precedente coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, vincula de maneira máis decidida o Certame ao sistema literario galego.

O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical do grupo EJazz, as intervencións artísticas do colectivo XIPA e un viño de honra como fin de festa.

O evento incluirá ademais unha lembranza da figura de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, mediante a proxección dunha peza en que se fai referencia á relación do autor ourensán con Arteixo.

Contacto: Alfredo Ferreiro (609 653 176) ~ Coordinador literario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo

Cfr. Web municipal.

Nota: Em galego-português no Portal Galego da Língua.

Share

1 thought on “Finalistas do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

Leave a Reply