
Premios Xerais 2017
Hoxe viaxamos á Illa de San Simón coa ilusión de botar unha man na maior gala literaria do ano. Contaremos coa habitual pericia nas redes sociais de Ghanito e, pola primeira vez, coa profesionalidade de Aser Orbán comandando a cámara a edición de vídeo e de Tiago Alves Costa como cronista para a lusofonía (cfr. em breve na Palavra Comum). Esperamos algún vento e algunha nube, a emoción de sempre nos premiados, xurados, convidados e organización e a sensación embriagadora de vivir nun país en que a alegría en volta da creación literaria é un dos mais prezados sentimentos nacionais. Parabéns adiantados a Edicións Xerais, cuxa experiencia e sensibilidade só poderá ofrecernos máis un éxito para as nosas letras e para o futuro común.
Edicións Xerais: «Conduce a cerimonia Celia Torres, directora de promoción e prensa de Xerais. Actúa como mantedor literario o escritor Xurxo Mariño e como convidada musical A Banda dos Cueiros.
No acto, que se desenvolve no auditorio multiusos, participan trescentas persoas do ámbito da cultura galega.»