
Premios Xerais 2018
Mais unha vez tivemos a honra de colaborar coa comunicación dixital dos Premios de Edicións Xerais, este ano celebrados no Museo do Mar de Galicia baixo a batuta sempre tan eficiente de Celia Torres. Nunha gala que mudou completamente de formato respecto a aquela romaría que nos regalaban na Illa de San Simón, a editora asumiu os retos do presente coa creatividade e a profesionalidade de sempre, recoñecendo o traballo feito e comprometéndose de novo coa cultura do país e en particular coa edición de libro en galego.
Neste marco, no evento mostrouse un cariñoso agradecemento a Manuel Bragado, que recentemente cedeu o posto de director xeral a Fran Alonso, e articulouse á volta da entrevista que Teresa Cuíñas (cf. vídeo do evento transmitido ao vivo) realizou aos premiados.
Estes foron os vídeos que improvisamos alí coas protagonistas, minutos antes do acto público:
Previamente á gala no Museo do mar, houbemos de facer unhas entrevistas a tres improvisadas Booktubers sobre as obras gañadoras:
Este ano teño que agradecer de novo a colaboración do mestre do “ollo de vidro” Aser Orbán, con quen sempre traballar resulta unha actividade fácil e divertida.