Certame Manuel Murguía

Arteixo: premios do 29º Certame Manuel Murguía

A Concellaría de Cultura publicou as obras gañadoras en 2020

O xurado composto por Alba Cid Fernández (representante da Asociación Galega da Crítica), Daniel Barral Calvo (gañador da 28ª edición), María Canosa Blanco (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), reunido o 18 de abril de 2020, decidiu por maioría conceder os tres premios ás seguintes obras:

1º PREMIO dotado con 4.000 €: Silencios náufragos, presentado baixo o lema “Raqueiro” de Patricia Torrado Queiruga

2º PREMIO dotado con 1.500 €: O último día do Outono, presentado baixo o lema “Refugallo” de Esteban Brea Castro

3º PREMIO dotado con 600 €: A herdeira, presentado baixo o lema “Fluorescencia” de Alejandro Mene Pazos

Os gañadores deberán ser ratificados pola Xunta de Goberno Local, toda vez que se comprobe que cumpren con todos os requisitos.

Valoración do xurado:

«O Xurado xustifica a súa decisión na procura de textos equilibrados, tanto na concepción dos personaxes coma na linguaxe empregada ou na dosificación da historia. Tamén valorou que os distintos escenarios temporais fosen coherentes e cribles. En xeral, o Xurado salienta a diversidade das obras gañadoras, que construíron propostas sólidas desde diferentes temáticas, xéneros e estilos.

Para finalizar, o Xurado tamén acha preciso recordar a importancia da corrección lingüística nas obras presentadas a calquera tipo de certame literario. Neste sentido, o Xurado tería desexado que moitas das obras contasen cunha corrección lingüística maior e por este motivo chama a atención das persoas participantes para dedicaren, no futuro, a máxima atención no uso da lingua.»

A Organización agradece un ano máis a presenza no xurado dun membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como outro da Asociación Galega da Crítica, feito que contribúe a alicerzar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego.

Cf. arteixo.org

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

Leave a Reply