• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa
Colaborações:
Ditame do 32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

Ditame do 32º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

«Reunido o xurado, a organización do Certame anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o próximo 5 de maio, venres, ás 20:30 no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo

O xurado, reunido o 25 de marzo de 2023 ás 10 horas en dependencias do Concello de Arteixo, e composto por Dona Ana Cabaleiro López (proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Dona Esperanza Luz Mariño Davila (proposta pola Asociación Galega da Crítica), Don José Ignacio Silva Regueira (gañador do 31º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía) e Don Alfredo José Ferreiro Salgueiro, (director literario do Certame, que como secretario asiste ás deliberacións con voz e sen voto), decidiu por maioría premiar as seguintes obras finalistas (que aquí figuran por orde alfabética):

monica de nut
Mónica de Nut actuará no Certame Manuel Murguía

Endodoncias, presentada baixo o lema “Paki” e con autoría de Inmaculada Núñez Núñez;

Levidade, presentada baixo o lema “Etérea” e con autoría de Agustín Agra Barreiro;

Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta, presentada baixo o lema “Unha historia posible” e con autoría de Roberto Rodríguez González.

Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000€ e a edición da obra para o primeiro, 2000€ e a edición da obra para o segundo e 1000€ e a edición da obra para o terceiro.

O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical de Mónica de Nut (baseada no seu traballo Raíces Aéreas), unha lembranza do tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego (autor homenaxeado no Día das Letras Galegas). Finalizado o acto, o Concello ofrecerá aos asistentes un viño de honra.

Contacto: Alfredo J. Ferreiro Salgueiro (609 653 176)

Director literario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo»

 

Share

Leave a Reply