Eu tamén son un Bolechas!

Os Bolechas difuminan os limites entre o mundo virtual e o real. Desde hoxe partindo dunha foto propia o usuario pode construír un avatar e verse integrado no mundo creado por Pepe Carreiro. O proxecto preséntase hoxe, martes 21, ás 13:15 na libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela.

Meubook chegou a un acordo con Pepe Carreiro e desenvolveu unha ferramenta que permite a creación dun conto personalizado a través da web. Baseándose na tecnoloxía de recoñecemento facial, e a partir da introdución duns poucos datos fisionómicos, un avanzado programa de caricaturización elabora unha imaxe do usuario adaptada ao mundo creado por Pepe Carreiro, que como personaxe dos Bolechas protagonizará unha historia creada para a ocasión. O libro ten un prezo de 19,99 euros, e pode ser solicitado a través da web ou encomendado ao libreiro de confianza en seis idiomas: galego, castelán, catalán, vasco, aranés e portugués.

O conto personalizado dos Bolechas é un novo produto de Meubook, unha plataforma que pretende ofrecer servizos eficientes e polivalentes para lectores e editores. Orixinalmente galega, a plataforma Meubook pretende achegarse ao usuario do ecosistema do libro en varias linguas: galego, castelán, catalán, vasco, portugués, inglés e francés.

Share

Convite da Trinta por Uma Linha no Porto

Convite_Sopa_Saltafolhinhas

Coñecimos este pasado verao o autor e editor João Manuel Ribeiro en Gaia, na presentación de Verso a Verso , libro en que tamén participan os amigos Amadeu Baptista e Vergílio Alberto Vieira. Alí puidemos coñecer os interesantes libros da editora Trinta Por Uma Liña, da que habemos referenciar tamén neste ano varios títulos. Estes días recibimos o convite para a presentación dunha obra que semella ser realmente suculenta.

Share

IV Encontro de Nov@s Escritor@s: primeiro virtual, logo no castelo medieval

O IV Encontro de Nov@s Escritor@s da AELG chegará ao castelo de Sta. Cruz (Oleiros – A Coruña) cos deberes feitos: aínda que se celebrará en presenza do 20 ao 21 de novembro, xa levan os relatores semanas avanzando nos contidos desde a rede. Primeiro foron as intervencións preliminares dos membros das mesas, anticipando as súas teses; logo chegaron os comentarios que a xente do blogomillo lles propuxemos. Deste modo os temas a tratar chegarán xa destilados ao encontro final, podendo as conclusións  virarse reflexións máis depuradas, e portanto máis úteis.

Ao mesmo tempo, en lugar de ofrecernos ao final un tixolo en papel que só algúns desfrutan na súa man, os materiais perdurán sao alcance de todos nun espazo que a AELG disponibiliza na súa ansia de manter referentes de altura sobre a literatura e a cultura do país.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Rl7GdJauz_8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share