• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Premios Xerais 2017

Mais un ano viaxamos á Illa de San Simón coa ilusión de botar unha man na maior gala literaria do ano. Contaremos coa habitual pericia nas redes sociais de Ghanito e, pola primeira vez, coa profesionalidade de Aser Orbán comandando a cámara a edición de vídeo e de Tiago Alves Costa como cronista para a lusofonia (cfr. em breve na Palavra Comum).

Share

Xabier Docampo presentou A illa de todas as illas nas Portas ártabras

Edicións Xerais: “A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran Read more

Share

As Crónicas de Landereina. Bágoa de lúa, por Gabriel Ferreiro

O libro de Sabela González trata dun país onde todo era paz, pero un día cambiou. Un ser maligno subiu ao poder, o ser foi derrotado pero a ferramenta máxica que usou para conquistar Landereina seguía existindo. Séculos despois atópase repartida en anacos por todo Landereina tras un intento falido de destruíla. Agora as nosas heroínas, Güenaela e Berenguela, están Read more

Share

Corazón de pedra, de Agustín Fernández Paz

En Corazón de pedra Agustín Fernández Paz ofrécenos, ademais dunha obra entretida e sensible, unha sorte de reflexión sobre a literatura fantástica. Porque nesta obra, se ben aparece a figura dun dragón, non é dun modo abrupto e declaradamente fantástico, senón mediante a inserción de argumentos lendarios nun cadro perfectamente verosímil: unha viaxe ao rural pon en contacto a protagonista Read more

Share