• 0034-609-653-176
  • contacto@alfredoferreiro.com
  • Galiza, Espanha, Europa

Un libro de Tati Mancebo inicia a publicación dixital de inéditos de Sermos Galiza

Cun libro de poesía da escritora e xestora cultural Tati Mancebo, Sermos Galiza aventúrase no mundo da edición dixital a través do formato epub. Mundo maquinábel, que agrupa dous poemarios da autora, é o primeiro dunha serie de títulos inéditos que irán saíndo progresivamente e que se poderán mercar a través da loxa con acceso no portal de Sermos Galiza. Read more

Share

A NOVELA morreu. Viva a NOVELA!

«Desde hoxe e até pasado mañá pode seguirse en directo FOCUS 2011 O libro mañá: o futuro da palabra escrita. Sorprende en principio que só sexamos 15 os espectadores ás 11:20 da mañá pero claro, se non podes participar, xa non digo enviar preguntas que reciban respostas, senón gozar dunha canle de comunicación entre os interesados, o streaming non ten Read more

Share

Galegobook: libros electrónicos sobre a lingua galega

«O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía…). Para facilitar a procura de material, no Galegobook acharás un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia Read more

Share

‘Traición a Lois Pereiro’, por Alfredo Ferreiro

Con este poema creado a partir doutro de Lois Pereiro comezo un traballo que titularei O libro das traicións, no que elaborarei versións de textos dos meus autores e autoras preferidos. Estas versións constitúen unha homenaxe sincera ás obras daqueles que, non pusuíndo eu o talento necesario para debidamente imitalos, me atreverei a “traicionar”, seguindo a Sócrates naquela defensa do Read more

Share

‘Vivir un soño repetido’, libro electrónico de homenaxe da AELG a Lois Pereiro

“Con motivo do Día das Letras Galegas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega edita un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas. As colaboracións, inéditas e orixinais, responden a un duplo formato: a) poemas inéditos inspirados en Lois Pereiro; obra gráfica (ilustración, fotografía, poesía experimental, etc.) inspirada en poemas de Lois Pereiro. Da  conxunción de todas as achegas Read more

Share

‘Os libros electrónicos só supoñen un 2,5% do total dos editados en Galicia’

Héctor J. Pena: «O libro electrónico segue sen despegar en Galicia. Os popularmente coñecidos como e-books aínda representan unha porcentaxe mínima do sector editorial galego. Segundo as estimacións de Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores (AGE) e director de Xerais, a editorial máis importante do país en volume de negocio xunto con Galaxia, os libros lanzados en formato Read more

Share