14 de novembro, xoves, no
auditorio do Centro Cívico e Cultural ás 20:00 hs.
Arredor do libro, colectánea
dos relatos vencedores nos tres últimos anos do Certame, será
establecida unha tertulia pública que contará coa presenza de José
António Lozano, Mercedes Leobalde e Tiago Alves Costa, persoas
gañadoras dos últimos tres anos, do Alcalde de Arteixo, Carlos
Calvelo, do deputado de Cultura da Deputación da Coruña Xurxo Couto
e do escritor Xavier Alcalá, que representará á Editorial Galaxia.
No mesmo acto, o director
literario do Certame, Alfredo Ferreiro e o Alcalde de Arteixo, Carlos
Calvelo, farán públicas as bases da 29ª edición do Certame.
O
pasado xoves 9 de maio, celebrouse a cerimonia de entrega de premios
ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo e contou coa
actuación de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín, ademais de cunha
representación do xurado e varias personalidades institucionais
Foto: Dirección Xeral de Política Lingüística
O
xurado composto por Charo Pita Villares
(gañadora da 27ª
edición), Inmaculada Otero Varela
(representante da
Asociación Galega da Crítica), Xabier
López López (representante
da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)
e Alfredo Ferreiro Salgueiro
(coordinador literario,
que asistiu como secretario, con voz e sen voto), reunido
o pasado 27 de abril, decidiu por maioría
conceder os tres premios ás seguintes
obras:
1º.
A casa das Castrouteiro,
de Daniel
Barral Calvo
2º.
A idade do escarnio,
de Tito Pérez Pérez
3º.
Crónica de ningures,
de Francisco Rozados Rivas
De
todos os relatos recibidos, case setenta foran admitidos a concurso
por cumpriren estritamente as bases.
A
coordinación agradeceu un ano máis a presenza no xurado dun membro
da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como
outro da Asociación Galega da Crítica, feito que contribúe a
alicerzar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego.
Entregaron os premios Ana Bello Vázquez, concelleira de Cultura e
Festas, Valentín García Gómez, Secretario xeral de Política
Lingüística da Xunta de Galicia e Carlos Calvelo Martínez, alcalde
do Concello de Arteixo.
Foto: Graciela Rabuña
O acto de entrega, presentado por Alfredo Ferreiro, ofreceu ademais a actuación Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín, co seu espectáculo “Os contos de Joselín” e unha lembranza de Antón Fraguas, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. En canto á ambientación da gala, o Servizo Municipal de Cultura e Festas, comandado por Sonia Iglesias, deseñou unha recreación libre da casa en que naceu Manuel Murguía, no Froxel, contando coas artes florais de Richar del Toro e a profesionalidade habitual do equipo técnico do auditorio. Rematado o acto, ofreceuse un viño de honra como fin de festa.
A
cerimonia de entrega de premios celebrarase o próximo
9 de maio, xoves, ás 20:00
no Centro Cívico e Cultural de Arteixo, e contará coa
actuación de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín.
O
xurado composto por Charo Pita Villares
(gañadora da 27ª
edición), Inmaculada Otero Varela
(representante da
Asociación Galega da Crítica), Xabier
López López (representante
da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega)
e Alfredo Ferreiro Salgueiro
(coordinador literario,
que asistiu como secretario, con voz e sen voto), reunido
o pasado 27 de abril, decidiu por maioría
conceder os tres premios ás seguintes
obras finalistas (por orde alfabética de autor):
A
casa das Castrouteiro,
de Daniel
Barral Calvo
Crónica
de ningures,
de Francisco Rozados Rivas
A
idade do escarnio, de Tito
Pérez Pérez
O
Certame
de Arteixo acrecenta
en 2019 a dotación dos premios
en máis 1.300
euros, ofrecendo
4.000 € para o primeiro, 1.500
€ para o segundo e 600
€ para o terceiro, ademais da publicación
da obra nun volume colectivo.
Os relatos [entre 15 e 30 páxinas] deben ser orixinais e inéditos (non publicitados por ningún medio, físico nin dixital) escritos en lingua galega, enviados con pseudónimo e só contendo os datos persoais nun sobre fechado antes do 15 de febreiro de 2019″.
Os premios: O primeiro, de 4.000,00 €; o segundo, de 1.500,00 €; e o terceiro, de 600,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención. Cando se estimar oportuno, serán publicados nunha edición colectiva.
Información: Para dúbidas pode telefonar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org.
Lembrade, autor@s en galego de todo o mundo, que este premio avoga pola tolerancia gráfica desde a súa fundación, o que garante a liberdade creativa e a ausencia de criterios político-lingüísticos na valorización das obras presentadas. Esta actitude socialmente inclusiva do punto de vista lingüístico é algo que nos orgulla especialmente e gustábamos fose un exemplo a seguir por todos os premios literarios do país.
Mais unha vez tivemos a honra de colaborar coa comunicación dixital dos Premios de Edicións Xerais, este ano celebrados no Museo do Mar de Galicia baixo a batuta sempre tan eficiente de Celia Torres. Nunha gala que mudou completamente de formato respecto a aquela romaría que nos regalaban na Illa de San Simón, a editora asumiu os retos do presente coa creatividade e a profesionalidade de sempre, recoñecendo o traballo feito e comprometéndose de novo coa cultura do país e en particular coa edición de libro en galego.
Neste marco, no evento mostrouse un cariñoso agradecemento a Manuel Bragado, que recentemente cedeu o posto de director xeral a Fran Alonso, e articulouse á volta da entrevista que Teresa Cuíñas (cf. vídeo do evento transmitido ao vivo) realizou aos premiados.
Estes foron os vídeos que improvisamos alí coas protagonistas, minutos antes do acto público:
Previamente á gala no Museo do mar, houbemos de facer unhas entrevistas a tres improvisadas Booktubers sobre as obras gañadoras:
Este ano teño que agradecer de novo a colaboración do mestre do “ollo de vidro” Aser Orbán, con quen sempre traballar resulta unha actividade fácil e divertida.
No passado 11 de maio, celebrou-se a cerimónia de entrega de prémios às 20:00 hs no Centro Cívico e Cultural de Arteijo.
O júri, composto por Begoña Paz (escritora e representante da Associação de Escritoras e Escritores en Língua Galega), Mario Regueira(crítico literário representante da Asociação Galega da Crítica), Teresa Moure (escritora vencedora na 26ª edição) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordenador, que assistiu como secretário, com voz e sem voto), decidiu por maioria conceder os três prémios nas seguintes obras finalistas:
1.Primeiro premio, consistente en 4000 euros e a publicación da obra, ao relato Bochorno, deCharo Pita.
2. Segundo prémio, com 500 euros e a publicação da obra, ao relato A porta do Reconhecimento, de Tiago Alves Costa.
3. Terceiro prémio, com 300 euros e a publicação da obra, ao relato Unha praia na Polinesia, de Mercedes Leobalde García.
De todos os relatos recebidos, 63 foram admitidos a concurso por cumprirem estritamente as bases.
A coordenação agradece mais um ano a presença no júri de um membro da Associação de Escritoras e Escritores em Língua Galega, assim como outro da Associação Galega da Crítica, facto que contribui a alicerçar o rigor do Certame no contexto sistema literário galego.
O evento de entrega ofereceeu outros atrativos para todas as assistentes: a atuação musical de Aida Saco Beiroa, compositora que interpretou a piano peças do seu disco Atmosferas; ao mesmo tempo, o humorista gráfico Luís Davila deleitou o público com os seus desenhos projetados ao vivo. Como fim de festa ofereceu-se um vinho de honra.
Incluiu, aliás, uma lembrança da figura de María Victoria Moreno, escritora homenageada este ano no Dia das Letras Galegas. O coordenador literário, Alfredo Ferreiro, foi o apresentador do evento.
Contato: Alfredo Ferreiro, coordenador literário do Certame. Telefone: 609653176
«Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo
Reunido o xurado, a organización do Certame anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o próximo 11 de maio, venres, ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.
Reunido o xurado, composto por Begoña Paz (escritora representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Mario Regueira (crítico representante da Asociación Galega da Crítica), Teresa Moure (gañadora da 26ª edición) e Alfredo Ferreiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por maioría conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (agora por orde alfabética de autora):
Bochorno, de Charo Pita
Unha praia na Polinesia, de Mercedes Leobalde García
A porta do Reconhecimento, de Tiago Alves Costa
De todos os relatos recibidos, 63 foron admitidos a concurso por cumpriren estritamente as bases. Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.
A coordinación agradece un ano máis a presenza no xurado dun membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como outro da Asociación Galega da Crítica, feito que contribúe a alicerzar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego.
O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical de Aida Saco, compositora que interpretará a piano pezas do seu disco Atmosferas; ao mesmo tempo, o humorista gráfico Luis Davila nos deleitará cos seus deseños proxectados en directo. Rematado o acto, ofrecerase un viño de honra como fin de festa.
O evento incluirá unha lembranza da figura de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
Contacto: Alfredo Ferreiro (609 653 176)
Coordinador literario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo
Utilizamos cookies para melhorar a sua experiência no nosso website. Ao navegar neste website está a concordar com a nossa política de cookies.ContinuarSaber mais
Privacidade & Política de Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.