Charla de Tati Mancebo sobre os eReaders nas Bibliotecas Municipais da Coruña

«Esta tarde [onte] na Biblioteca Municipal de Monte Alto tivo lugar unha charla sobre o libro electrónico e os seus dispositivos de lectura impartida por Tati Mancebo, que buscaba ilustrar aos asistentes sobre a historia e evolución do libro electrónico, os dispositivos de lectura que podemos atopar no mercado e a evolución que está a ter o sector da edición dixital, estando dispoñibles durante o evento distintos trebellos para que o público puidese probalos de primeira man, facilitando a súa futura elección de eReader.
Tati Mancebo explicou a longa vida que teñen os e-books e os distintos formatos existentes, que aínda que nun momento tendesen aos documentos PDF, na actualidade publícanse en formatos máis axeitados coma o EPUB ou o Mobipocket, aínda que este baile de formatos acompañado polo uso de tecnoloxías DRM están supor un atranco na normalización do uso de eReaders, posto que os textos que podemos adquirir non son compatibles con todos os dispositivos de lectura. Repasando os trebellos dispoñibles, Mancebo amosou as vantaxes da tecnoloxía de E Ink (destacando a súa autonomía), o reducido prezo dos lectores baseados en pantallas TFT, a posibilidade de ler no ordenador e no móbil e a forza coa que están a chegar ao mercado os tablets como dispositivos de lectura. Grazas a este repaso de hardware, parece que quedou claro que os libros electrónicos poden chegar ao público de moitos xeitos, podendo elixir cadaquén o que lles resulte máis cómodo […]» [Ler máis en Código Cero]

Share

Eu tamén son un Bolechas!

Os Bolechas difuminan os limites entre o mundo virtual e o real. Desde hoxe partindo dunha foto propia o usuario pode construír un avatar e verse integrado no mundo creado por Pepe Carreiro. O proxecto preséntase hoxe, martes 21, ás 13:15 na libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela.

Meubook chegou a un acordo con Pepe Carreiro e desenvolveu unha ferramenta que permite a creación dun conto personalizado a través da web. Baseándose na tecnoloxía de recoñecemento facial, e a partir da introdución duns poucos datos fisionómicos, un avanzado programa de caricaturización elabora unha imaxe do usuario adaptada ao mundo creado por Pepe Carreiro, que como personaxe dos Bolechas protagonizará unha historia creada para a ocasión. O libro ten un prezo de 19,99 euros, e pode ser solicitado a través da web ou encomendado ao libreiro de confianza en seis idiomas: galego, castelán, catalán, vasco, aranés e portugués.

O conto personalizado dos Bolechas é un novo produto de Meubook, unha plataforma que pretende ofrecer servizos eficientes e polivalentes para lectores e editores. Orixinalmente galega, a plataforma Meubook pretende achegarse ao usuario do ecosistema do libro en varias linguas: galego, castelán, catalán, vasco, portugués, inglés e francés.

Share

Jaureguizar e Xabier Cid discuten sobre o ‘caso Houellebecq’

Jaureguizar: «Vén sendo como se alguén usa un programa informático gratuíto para dar clase e diso se deduce que renuncia ao seu dereito a cobrar por dar aulas de informática.»

Xabier: «Se en vez de coller os contidos da wikipedia collese as letras de Prince tería que pagar por elas, e unha pastaza, por moito que fose un anaco menor. O tamaño, como ben sabe vostede baixo as leis francesas (e as españolas) non importa.»

Recomendamos vivamente o diálogo en UN PIRATA REBENTA A HOUELLEBECQ POR USAR ESTE A WIKIPEDIA – CABARET VOLTAIRE. Tamén en Virus somos | de mares, portos e portas.

Share

Manifesto por unha rede neutral

«Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto MANIFESTAMOS:

1. Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido.

2. Que as empresas, emprendedores e usuarios de Internet puideron crear servizos e produtos nesa Rede Neutral sen necesidade de autorizacións nin acordos previos, dando lugar a unha barreira de entrada practicamente inexistente que permitiu a explosión creativa, de innovación e de servizos que define o estado da rede actual.

3. Que os usuarios, emprendedores e empresas de Internet puideron definir e ofrecer os seus servizos en condicións de igualdade, levando o concepto da libre competencia até extremos nunca antes coñecidos.

4. Que Internet é o vehículo de libre expresión, libre información e desenrolo social máis importante co que contan os cidadáns e empresas. A súa natureza non debe ser posta en risco baixo ningún concepto.

5. Que para posibilitar esa Rede Neutral as operadoras deben transportar paquetes de datos de maneira neutral, sen erixirse en “aduaneiros” do tráfico e sen favorecer ou prexudicar a uns contidos por riba doutros.

6. Que a xestión do tráfico en situacións puntuais e excepcionais de saturación das redes debe acometerse de xeito transparente, de acordo a criterios homoxéneos de interese público e non discriminatorios nin comerciais.

7. Que a dita restrición excepcional do tráfico por parte das operadoras non pode converterse nunha alternativa sostida á inversión de redes.

8. Que a dita Rede Neutral se ve ameazada por operadoras interesadas en chegar a acordos comerciais polos que se privilexie ou degrade o contido segundo a súa relación comercial coa operadora.

9. Que algúns operadores do mercado queren “redefinir” a Rede Neutral para manexala de acordo cos seus intereses, e esa pretensión debe ser evitada; a definición das regras fundamentais do funcionamento de Internet debe basearse no interese de quen a usan, non de quen as proven.

10. Que a resposta ante esta ameaza para a rede non pode ser a inacción: non facer nada equivale a permitir que intereses privados poidan de facto levar a cabo prácticas que afectan ás liberdades fundamentais dos cidadáns e a capacidade das empresas para competir en igualdade de condicións.

11. Que é preciso e urxente instar ao Goberno a protexer dun xeito claro e inequívoco a Rede Neutral, co fin de protexer o valor de Internet de cara ao desenrolo dunha economía máis produtiva, moderna, eficiente e libre de inxerencias e intromisións indebidas. Para iso é preciso que calquera moción que se aprobe vincule de xeito indisolúbel a definición de Rede Neutral no contido da futura lei que se promova, e non condicione a súa aplicación a cuestións que pouco teñen que ver con esta.

A Rede Neutral é un concepto claro e definido no ámbito académico, onde non suscita debate: os cidadáns e as empresas teñen moito dereito a que o tráfico de datos recibido ou xerado non sexa manipulado, terxiversado, impedido, desviado, priorizado ou retrasado en función do tipo de contido, do protocolo ou aplicación empregado, da orixe ou destino da comunicación nin de calquera outra consideración allea á da súa propia vontade. Ese tráfico tratarase como unha comunicación privada e exclusivamente baixo mandato xudicial poderá ser espiado, trazado, arquivado ou analizado no seu contido, como correspondencia privada que é en realidade.

Europa, e España en particular, atópanse no medio dunha crise económica tan importante que obrigará ao cambio radical do seu modelo produtivo e a un mellor aproveitamento da creatividade dos seus cidadáns. A Rede Neutral é crucial á hora de preservar un ecosistema que favoreza a competencia e innovación para a creación dos innumerábeis produtos e servizos que quedan por inventar e descubrir. A capacidade de traballar en rede, de xeito colaborativo, e en mercados conectados, afectará a todos os sectores e todas as empresas do noso país, o que converte a Internet nun factor clave actual e futuro no noso desenrolo económico e social, determinando en gran medida o nivel de competitividade do país. De aí a nosa profunda preocupación pola preservación da Rede Neutral.

Por todo iso instamos con urxencia ao Goberno español a ser proactivo no contexto europeo e a lexislar de xeito claro e inequívoco neste sentido.

Esta entrada é unha tradución do Manifiesto por una red neutral no blogue de Enrique Dans. Síntete libre de reproducir, traducir e compartir isto onde quixer.

Moitas grazas, xente de Mallando na e-ira»

vía Tati Mancebo.

Share

A porta aberta para o libro electrónico na Galiza

«[…] Algueirada presenta o seu servizo de maquetación de epub, o primeiro destas características que nace en Galiza. O usuario pode facer o cálculo do custo da maquetación inserindo datos de número de páxinas, formato do texto sen procesar, número de imaxes, número de notas ao pé. Unha novela de 75.000 caracteres, sen imaxes, custa maquetala 17,70 euros, IVE incluído. “Maquetamos a man, cada libro por separado, con coidado”, indican os promotores de Algueirada, entre os que está a especialista en libro electrónico Tati Mancebo e o poeta Alfredo Ferreiro.

O máis caro da maquetación é o procesamento das imaxes e a xestión das notas ao pé de páxina. A mesma novela que orzamentamos antes pasa de custar 17,70 a valer 70,80 se lle engadimos 75 chamadas. Con dúas fotos. Se lle poñemos ao texto sete fotos, o prezo sobe aos 83,19 euros.

A empresa Algueirada xestiona o portal de blogs gratuítos Blogaliza e foi pioneira no desenvolvemento de transmisión audiovisual en directo a través da internet.»

Vía A Nosa Terra – Confeccionar libros electrónicos en Galiza.

«[…] A iniciativa oferta maquetar de xeito manual calquera arquivo de texto para o formato epub de libro electrónico. Segundo explican desde a firma, os sistemas automáticos que se empregan de xeito habitual nesta tarefa provocan problemas no produto final. Tati Mancebo, responsable deste proxecto, explícanos polo miúdo cómo funciona e repasa a situación do libro electrónico no noso país.»

Vía A empresa achega a posibilidade de transformar calquera texto nun arquivo epub | culturagalega.org.

Share

Xosé Luís Méndez Ferrín: ‘Todos os recursos da Academia teñen que estar en internet’

«[…] O novo dicionario da Real Academia Galega chegará a internet seis meses despois de que se publique a súa versión en papel. Deste xeito, a institución presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín tentará rendibilizar o esforzo de case nove anos de traballo. “Todos os recursos da Academia teñen que estar en internet. Pero tardaremos uns seis meses como mínimo en subir as 50.000 entradas que contén este novo dicionario. Tardarase como mínimo ese tempo, xa que leva traballo e tamén para facilitar a venda dos volumes”, explica o académico Manuel González, encargado de dirixir este proxecto, que engade que “o número de entradas correspóndese aproximadamente coas recollidas no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega”.

Antes desa necesaria chegada a internet, o novo dicionario terá que pasar pola imprenta. […]»

Vía A Academia porá o dicionario na web seis meses logo de editalo en papel –  Xornal de Galicia.

Share