Exposición e recital no “Local dipoñible – Almacén cultural”

Revisión 17/12/2013: «O sábado 14 de decembro tivo lugar a primeira actividade dentro do proxecto Local dispoñible, almacén cultural. Case un centenar de persoas puideron desfrutar do recital de poesía dos membros do Grupo Surrealista Galego. Xoán Abeleira comezou a súa intervención presentando o grupo e rompeu o xeo cun audio no que el mesmo … Read More

Share

Xesús González Gómez: “De agora en adiante, cando se fale de surrealismo na literatura galega falarase con propiedade”

Hoxe podemos dicir que o surrealismo xa existe na poesía galega mercé a dous poetas: Alfredo Ferreiro e Ramiro Torres, e a dous libros: Versos fatídicos e Esplendor arcano. Poetas surrealistas non só porque se reclamen do surrealismo, porque fagan poemas surrealistas, porque se ateñan ás esixencias do surrealismo, senón porque mediante unha dupla modalidade da consciencia –ver Signe ascendent, de André Breton– , poética e prosaica, son quen de disipar a ambigüidade que pesa a noción de surreal.

Share

Recital da A á Z

O domingo 20 de outubro, a partir das 19:30 horas, terá lugar na Librería Azeta da Coruña (Praza José González Dopeso, 1, baixo) un recital en forma de diálogo aberto entre poesía e música, coa participación poética de Pedro Casteleiro, François Davo, Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo, Ramiro Torres, Diana Varela Puñal, acompañados pola música en directo … Read More

Share

17 de maio: reivindicar as Letras non é suficiente

Son as 10:25 hs. da mañá neste venres chuvioso en que tantas amigas e amigos estarán a saír das súas casas para unirse á manifestación de Compostela, máis unha reivindicación popular para que obtuso Goberno do PP subministre a medicación imprescindíbel á lingua propia da Galiza e que esta non morra no pendello miserábel da … Read More

Share

O Grupo Surrealista Galego nas Portas Ártabras

A maioría das persoas que poden agora ver este inspirado video do compañeiro Tono Galán poderán facerse unha idea do que foi aquela noite nas Portas Ártabras, un lugar cativador pola súa querencia á Pedra e á Arte. Non foi unicamente a presentación do excelente libro Esplendor arcano do caro amigo Ramiro Torres, senón un paso … Read More

Share

Para unha biografía de Ramiro Torres, auténtica

Probabelmente algúns de vostedes non o saberán, mais o autor de Esplendor arcano, Ramiro Torres, é unha persoa singular desde o día en que chegou ao mundo. O día que Ramiro naceu a súa nai estaba calma, tan asombrosamente calma que parecía querer parir como quen se dedica a unha actividade plácida, como quen non … Read More

Share